Esta web apoia a Isaac Diaz Pardo Baiona Consciente » Sociedade

Baiona Consciente

Pretendemos crear consciencia política ao común da xente de Baiona - “Un blog que non é do BNG” S. Almuiña (Alcalde de Baiona)

Venres, Setembro 12, 2008

¿Calma chicha ou a que vén antes da tempestade?

A verdade é que onte mesmo non chegamos a escribir a habitual anotación diaria por medo a escribir sen decir nada. Hoxe tampouco é que teñamos un tema de rabiosa actualidade, pero un comentario da rúa levounos a unha conclusión: ¿non ten que haber pleno a primeiros de mes?

Nin goberno nin oposición falaron do asunto, pode que porque veñen os xefes de Santiago e andan a pensar máis no autobús multicolor, nas visitas da que expropia ou do bombeiro con mangueiriña e zapatos de pel. (máis...)

Chuzame! chúzame -
posted by baionaconsciente at 20:41  

Xoves, Agosto 28, 2008

Non son temas menores

Deixemos por hoxe o tema do PEPCHAB e deixemos que os técnicos do Concello teñan subida toda a documentación á web. Hoxe falemos da regulación que se quere facer do botellón. Aquí varios dos noso asiduos xa tiñan falado do descontrol do botellón en zonas como, por exemplo, a Palma e o paseo de Monte Boi. (máis...)

Chuzame! chúzame -
posted by baionaconsciente at 22:13  

Martes, Agosto 19, 2008

Día do turista

E como xa é tradicional desde que no 2005 o sempre inxenioso Chicho se sacase da chisteira esta festa "porque sí", mañá teremos unha nova edición do "Día do Turista". Básicamente consiste en pagar a un famosillo que se deixa caer habitualmente por Baiona para que salga nalgún cartel publicitario e diga unhas verbas aos que nos visitan. Vamos, un pouco como a publicidade de Muebles Tuco, pero na versión turística. (máis...)

Chuzame! chúzame -
posted by baionaconsciente at 9:41  

Luns, Agosto 18, 2008

Botando papo todo o día

Nestes momentos os listiños de turno apúntanse ao suposto inxenio que en realidade non se trata máis que de caradura e "espabiladismo". Aparcan en lugares onde outros, empregando a lóxica, descartaron facelo. E o caso da rampa no porto baionés é o máis significativo de cantos hai no nosos concello.

(máis...)

Chuzame! chúzame -
posted by baionaconsciente at 9:33  

Xoves, Xullo 3, 2008

Incidentes de inverno e incidentes do verán

naufragos en baionaVaia por Deus, que non hai maneira de poder escribir unha anotación en positiva e que nos alegre o periodo de vacacións. A semana pasada nos enteramos de que hai un veciño baionés maltratador e asasino de cans. A Galicia profunda está máis preto do que nós pensamos. (máis...)

Chuzame! chúzame -
posted by baionaconsciente at 21:39  

Mércores, Xuño 25, 2008

Malos compañeiros de viaxe

agalega.info - Videos das noticias dos informativos da TVG

Os nervios non deben acompañar aos conductores, e neste caso semella que levaban o voante do vehículo. (máis...)

Chuzame! chúzame -
posted by baionaconsciente at 9:59  

Xoves, Maio 22, 2008

O cancro que non desaparece

drogasOnte poidemos ler na Voz de Galicia que un baionés foi condeado a tres anos de cárcere por tráfico de drogas. O eterno problema que destroza á xuventude. Non só polo consumo senón pola suxerente posibilidade de diñeiro rápido.

Normalmente o pequeno tráfico de drogas xurde como financiamento do propio consumo. ¿E que non podemos parar esta lacra de ningunha forma? ¿Non perdimos suficientes xeracións? (máis...)

Chuzame! chúzame -
posted by baionaconsciente at 12:47  
Next Page »

Xestionado con WordPress