Archivos en la categoría Sociedade

Paté baionés

Non se cansan de repetirnos que a crise é tempo de oportunidades, de que as ideas innovadoras son as que nos permitirán sair deste bache e de que a nova sociedade que construiremos entre todos será mellor e máis sólida do que era anteriormente. É certo que estamos tardando moito en inventarnos unha nova burbulla que cree euros onde non os hai e que iso vai facer retrasar a recuperación económica, pero sempre nos alegra saber que esa xente con ideas innovadoras non están tan lonxe e que igual deberiamos adicar máis tempo aos que nos rodean que a ver as solucións que se prantexan a miles de kilómetros.

Así, ver que o proxecto de explotación dos percebes das nosas costas xurdiu no noso concello, conxuntamente co da Guarda e que non hai que ir ás Rías Altas para recibir leccións de cómo aproveitar os nosos recursos mariños sempre é reconfortante e resulta un toque de atención para aqueles que pensan que Baiona debe esquecerse da súa tradición mariñeira e debe volcarse no sector servizos e na marbellización do seu territorio.

Pois non, se mire como se mire, a vila baionesa é mariñeira e a moita honra. Noraboa ás percebeiras e percebeiros que siguen exprimíndose os miolos para que o mar siga sendo rentable en Baiona. Desexando estamos poder probar ese paté de percebe, ainda que moito nos tememos que o prezo non vai ser precisamente innovador.

Eis unha iniciativa que tiña merecido unha subvención do Plan E, non a reforma de beirarrúas que levaban pouco tempo desde a súa remodelación. O noso cancro é que a calidade política está moitos puntos por baixo da calidade da nosa sociedade. Vai sendo hora de prantexar si a definición de político e as súas funcións deben ser revisadas. Debe deixarse en mans da sociedade a orientación das áreas políticas das administracións públicas, limitándose os políticos a executar os medios para acadar os fins solicitados. Temos a suficiente madurez para afrontar este cambio de perspectiva ou realmente queremos seguir tendo a unha panda de incompetentes que nos eviten ter que pensar e nos fagan as cousas a cambio dun puñado de billetes baixo a mesa?

Enlace ao foro: http://baionaconsciente.foroactivo.com/sociedade-f5/pate-baiones-t10.htm#18

As praias a tope, que siga a tendencia

hosteleria

Por fin o tempo axuda a un concello que, lamentablemente, ten excesiva dependencia de temperaturas máis propias do Levante mediterráneo que das duras costas galegas.

É o que ten que elixamos políticos que pensan que os modelos alleos son a solución aos problemas autóctonos. Craso erro, as mellores propostas deben ser novedosas e innovadoras, o que funciona é ser creativo. Non vale prantar palmeiras porque o vimos en Marbella, non vale basearse na hostelería e nas praias porque en FITUR os concellos costeiros venden isto exclusivamente. Así, Baiona non fai máis que ofrecer un producto xa saturado. Continua leyendo »

Chega o Verán cun hándicap, a suba do IVE

IVE

Por activa e por pasiva o sector hosteleiro o ten sinalado, a suba do IVE en Xullo vai supór un atranco considerable para poder manter a súa actividade, xeral emprego ainda que sexa eventual e poder pervivir en temporada baixa. O Presidente Zapatero ten comentado que a suba do IVE non vai supór un incremento dos prezos, xa que logo, supón que esa porcentaxe de incremento irá contra a conta de resultados empresarial. Ou sexa, que os hosteleiros non van subir os prezos pero van pagar máis impostos. A verdade é que aquelas empresas que fagan as súas declaracións trimestrais de IVE soportarán máis imposto pero tamén devengarán máis. O problema é que na hostelería moitos productos se mercan ao IVE reducido e incluso superreducido (como o leite), pero se venden manufacturados ao IVE máis alto. Continua leyendo »

Día mundial da SIDA

SIDA

Hoxe é un día moi especial, sobre todo para todos aqueles que perderon a algún familiar ou achegado pola lacra do século XXI. Moito se ten avanzado na loita contra a SIDA, pero ainda é pouco o esforzo. Ademáis, debemos ter en conta a outra loita, a de combatir a ignorancia e informa á xente de que unha persoa coa SIDA non é un apestado. Coma sempre, a ignorancia é a ferramenta máis poderosa para a intolerancia.

¡¡Por fin. Comeza a festa!!

Alakrana

Xa podemos convocar a festa da lura, xa podemos a falar de temas moito máis mundanos pero, sobre todo, xa podemos preparar a festa para recibir aos nosos mariñeiros cos honores que se merecen. Axiña vai ir tocando reflexionar sobre o acontecido nestes angustiosos corenta e sete días. Sobre o adecuado ou non de certas actuacións, sobre qué facer para evitar que isto volte a suceder e sobre si hai certas actitudes que non se deben consentir baixo nengún concepto.

Continua leyendo »

46 días

46 días secuestrados

45 días

45