
Os nervios non deben acompañar aos conductores, e neste caso semella que levaban o voante do vehículo. (máis...)
chúzame -
posted by baionaconsciente at 9:59
Onte poidemos ler na Voz de Galicia que un baionés foi condeado a tres anos de cárcere por tráfico de drogas. O eterno problema que destroza á xuventude. Non só polo consumo senón pola suxerente posibilidade de diñeiro rápido.
Normalmente o pequeno tráfico de drogas xurde como financiamento do propio consumo. ¿E que non podemos parar esta lacra de ningunha forma? ¿Non perdimos suficientes xeracións? (máis...)
chúzame -
posted by baionaconsciente at 12:47
Coma todo feito salientable e notorio, o secuestro do "Playa de Bakio" trae consigo anécdotas secundarias. Neste caso trátase da devoción a unha figuriña de bronce. A da Virxe do Carme.
Resulta que cando os piratas lanzaron unha granada á ponte de mando, o único que quedou enteiro foi a imaxe da Virxe. Ergo, miragre á vista. (máis...)
chúzame -
posted by baionaconsciente at 10:05
Como se nota a ausencia de Nely Pillado no Faro de Vigo. Desde que está de baixa por maternidade o seu substituto non fai máis que meter a zoca con maior ou menor grao. Se primeiro foi denominar a Axenda 21 como utopía, agora é colocar os petroglifos de Outeiro dos Lameiros en Baiña.
(máis...)
chúzame -
posted by baionaconsciente at 18:45
Iso é no que se irá convertindo Baiona pouco a pouco se seguimos pola senda actual. Esta semana sería a xornada de portas abertas, con saltimbanquis e atraccións para pequenos e maiores. ¡¡¡Benvidos ao parque temático do Descubrimento de América!!!
Son rúas, colexios, monumentos e, dentro de pouco, museos. Seica Baiona non existira antes de que o Señor Pinzón se perdera torpemente e caera ao noso porto, grazas a un dos navegantes que era da zona, seica dín algúns. (máis...)
chúzame -
posted by baionaconsciente at 12:32
Se onte falabamos de que os veciños esixen solucións a problemas que non están na axenda dos partidos políticos, hoxe por podemos deixar de abordar outro caso máis. Xa tiñamos comentado, a finais de ano, da intervención por parte da Garda Civil dos Bingos ilegais que organizaban as comisións de festas, centros culturais e asociacións de veciños.
(máis...)
chúzame -
posted by baionaconsciente at 11:31
Xa había anos que non nos sorprendía a prensa cun anuncio de incautación de alixos de droga en Baiona. Parecía que aquel insano costume de presumir as costas do Val Miñor como embarques ideais para o contrabando se tiña diluido co tempo, que iso quedaba para Vilagarcía. Todo era un espellismo.No Faro de Vigo poidemos ler a nova con desagrado polos delitos que se estaban a cometer e con satisfacción porque as autoridades tivesen actuado para pór fin ao desmán. (máis...)
chúzame -
posted by baionaconsciente at 13:36