Esta web apoia a Isaac Diaz Pardo Baiona Consciente » Veciños e non tan veciños

Baiona Consciente

Pretendemos crear consciencia política ao común da xente de Baiona - “Un blog que non é do BNG” S. Almuiña (Alcalde de Baiona)

sábado, novembro 8, 2008

Os silencios non se mercan

Coa Consellería de Medio Ambiente como eixo do "conflicto cos ecoloxistas" tense orixinado unha forte tensión entre éste últimos e o Conselleiro "Patxi" Vázquez. Resulta paradóxico que por unha vez que unha Consellería está a mudar considerablemente a perspectiva que ata o de agora se tiña da Administración Autonómica con respecto ao tratamento do Medio Ambiente os grupos ecoloxistas mostren a súa cara máis belixerante. Pode xurdir este desencanto das altas expectativas xeradas polo bipartito. (máis...)

Chuzame! chúzame -
posted by baionaconsciente at 10:58  

sábado, novembro 1, 2008

Que nos gobernen Reis, pero que non lle chamen Democracia

O libro de Pilar Urbano entorno a conversas tidas coa Raiña de España destapou con claridade o pensamento dunha figura institucional anacrónica e, por definición, antidemocrática: a Realeza.

Ainda por riba coñecimos as reflexións ultra conservadoras dunha figura que debe ter un carácter marcadamente neutral e que nin por asomo debería inmiscuirse en temas sobradamente debatidos e aprobados no lugar no que deben ter lugar: o Parlamento Español.

Tarde chegou unha rectificación desde a Casa Real, tentando quedar ben con todos pero acadando o efecto contrario. A extrema dereita española estará exultante ante estas declaracións e os republicanos desexando plantexar a anhelada e silenciada proposta de reforma constitucional para instaurar a República. Sen medo a preguntar á cidadanía, ¿ou sigue habéndoo logo de 30 anos de democracia?

En época de crise non hai nada mellor que reducir gastos, sobre todo os que non son productivos.

Chuzame! chúzame -
posted by baionaconsciente at 11:14  

sábado, outubro 18, 2008

De dependencias e independencias

Algúns queren vendernos "o galego" como unha etiqueta diferenciadora e, incluso, de calidade. Pero o camiño vai por elexir o próximo antes que o de fora porque realmente iso nos beneficiará económicamente dun xeito moito máis directo.

Todo é mentira, amigos. Un claro exemplo o tivemos no día de onte, cando R estivo en xaque por culpa dun incendio nada máis e nada menos que nas aforas de Madrid. ¿Ten sentido? Pois semella que sí, R non é maís que unha etiqueta para unha empresa que depende dunha das operadoras máis importantes de europa. Decepción e morqueo ao mesmo tempo. Un bache máis nos camiños da internet.

Chuzame! chúzame -
posted by baionaconsciente at 15:32  

sábado, outubro 11, 2008

RENFE corta a posibilidade dos cercanías

Cando se fala de Vigo Íntegra, do desenrolo sostible, da necesidade de potenciar o transporte publico para reducir a a contaminación nas cidades, sempre nos vén a cabeza os sempre demandados camiños de ferro. Pois Renfe non ve negocio ao redor das cidades galegas e punto e se acabou: Nova en Ourense Dixital.

Chuzame! chúzame -
posted by baionaconsciente at 11:19  

sábado, outubro 4, 2008

Enquisa sobre as Autonómicas

Seica as cousas non van mudar moito logo das Eleccións Autonómicas, segundo GZNación.

O PP segue á baixa, cun candidato que non da a talla e ao que lle pesa moito a longa sombra de Don Manuel. O PSOE aguanta o tirón da crise e mesmo reforza o seu liderazgo no bipartito, cada día achégase máis a gañar incluso as Eleccións. O BNG aumenta a súa representación e iguala os records históricos acadado con Beiras, cun PSOE forte non poden acadar o obxectivo da Presidencia. (máis...)

Chuzame! chúzame -
posted by baionaconsciente at 13:25  

sábado, agosto 16, 2008

Patxi “O Bocas”

salvapatriasNunca un Conselleiro de Medio Ambiente tiña sido tan belixerante cos críticos. Tamén é certo que os ecoloxistas nunca tiveron sido tan críticos cun Conselleiro que polo menos vai avanzando no respeto medio ambiental. É certo que o plano acuícola non é perfecto e que a ampliación da Rede Natura "esquiva" certos problemas (ver informe de ADEGA e o punto de vista do BNG baionés). Claro que o BNG non debe tirar balóns fóra, a Consellería de Industria é nacionalista.

Desenrolo sostible é sinónimo de encontro na encrucillada, boa nota deberían tomar tanto "Patxi" Vázquez coma os grupos ecoloxistas.

Ver a raxada do Conselleiro en A Nosa Terra, o argumento "son uns salvapatrias baratos" non semella moi sólido. Diálogo, por favor.

Chuzame! chúzame -
posted by baionaconsciente at 10:07  

sábado, agosto 9, 2008

¿Goberno pacifista?, Nooon

armamentoEspaña vende armas a paises tan aliados e pacíficos coma Irán ou Marrocos (sempre ten amable co pobo saharaui) e vende compoñentes para prantas nucleares a EEUU, por exemplo. ¿Qué pasa coas bombas racimo? NS/NC. Manda a balanza comercial, Máis en Público.

Chuzame! chúzame -
posted by baionaconsciente at 18:45  
Next Page »

Xestionado con WordPress