Archivos en la categoría Veciños e non tan veciños

Comezamos a gañar a batalla

tourada

A semana pasada o debate das touradas centrou as tertulias de todo tipo. Agora, xa cos ánimos calmados, podemos reflexionar sobre un feito histórico e sobre o que se teñen dito moitas estupideces.

O que nos sorprende disto é que a día de hoxe todavía non saiu nadie a prantexar unha solucións intermedia. Nós, nun alarde de iluminación divina para un tema que nos colle de lonxe, lanzamos unha proposta para que a recollan aqueles que o consideren oportuno. Continua leyendo »

Paréntesis pola resaca

empresario explotador

Hoxe non nos apetece achegarnos moito ao que sucede en Baiona. A resaca do Primeiro de Marzo enturbia os nosos pensamentos, por moito que esta fin de semana resultase húmida de máis para tan magno evento lúdico-festivo. Ainda así a cousa non estivo nada mal.

O que queremos comentar é esa esperpéntica proposta da patronal pola que ofrecería un tipo de contrato que permitiría reducir o paro en grandes proporcións: o contrato de formación a custe cero. Continua leyendo »

Día Mundial contra a violencia de xénero

Violencia de xénero

O pasado día 25 celebrouse o Día Mundial contra a violencia de xénero e moito se ten falado deste tema esta semana. A coletilla deste ano foi o dato que rebela que os menores de 30 anos son máis violentos que os de maior edade. Pronto comezaron as reflexións sobre este dato e a busca de culpables. Como a prensa e moitos dos supostos expertos deben cobrar moi pouco e non deben ter tempo para profundizar, caéuse irremediablemente na demagoxia e nos tópicos mási habituais. Que si a televisión, o cine e os videoxogos. Continua leyendo »

Un lío morrocotudo

Un excelente artigo de Antón Baamonde no diario El País.

Xa sabemos para qué querían vender os Audis

xacobeo blogue

Pois para pagar a alguén que lle fixera un blogue para o Xacobeo. ¿Cánto nos darían polo noso traballo?, ¿poderemos apañar subvención ou haberá que facer a versión en castelán i en inglés? Máis na sempre mordaz Galicia Confidencial.

A esquizofrenia coma forma de poder

Beatriz MatoLendo as afirmacións da Conselleira Beatriz Mato somentes podemos concluir que o Señor Núñez Feijoó non debe recortar gastos en asistencia psicolóxica aos diputados autonómicos. Nun país onde as señas de identidade se ven como algo malo, no que se cren as mentiras inventadas nas internet antes que a comprobación dos feitos in situ e onde o emprego do termo Galicia, Galiza ou como demo se diga son un estigma, somentes pode campar a diglosia coma seña de identidade.

Ése país existe i é a terra dos galegos. Si algún diputado do BNG criticase que unha escola española levase unha bandeira de España, ¿qué venas a piques de estoupar veríamos? O peor que se pode facer co fanatismo é darlle poder e iso nos acaba de suceder. Continua leyendo »

A ironía como terapia

A Galiña Azul

O “fenómeno Galiña Azul” xa está a eclosionar na rede, as parodias son múltiples ante esta nova medida da nova Xunta de Galicia “desfacedora do xa feito”. Hai quen dí que o coche de Touriño hai que vendelo para pagar a renovación de mandilóns e carteis políticamente incorrectos que adoctrinaban aos nosos fillos. Nun país de cegos o torto é o rei, pero o lamentable é que no galego país dos cegos o rei é ademáis xordomudo.