Esta web apoia a Isaac Diaz Pardo Baiona Consciente » Veciños e non tan veciños

Baiona Consciente

Pretendemos crear consciencia política ao común da xente de Baiona - “Un blog que non é do BNG” S. Almuiña (Alcalde de Baiona)

sábado, agosto 16, 2008

Patxi “O Bocas”

salvapatriasNunca un Conselleiro de Medio Ambiente tiña sido tan belixerante cos críticos. Tamén é certo que os ecoloxistas nunca tiveron sido tan críticos cun Conselleiro que polo menos vai avanzando no respeto medio ambiental. É certo que o plano acuícola non é perfecto e que a ampliación da Rede Natura "esquiva" certos problemas (ver informe de ADEGA e o punto de vista do BNG baionés). Claro que o BNG non debe tirar balóns fóra, a Consellería de Industria é nacionalista.

Desenrolo sostible é sinónimo de encontro na encrucillada, boa nota deberían tomar tanto "Patxi" Vázquez coma os grupos ecoloxistas.

Ver a raxada do Conselleiro en A Nosa Terra, o argumento "son uns salvapatrias baratos" non semella moi sólido. Diálogo, por favor.

Chuzame! chúzame -
posted by baionaconsciente at 10:07  

sábado, agosto 9, 2008

¿Goberno pacifista?, Nooon

armamentoEspaña vende armas a paises tan aliados e pacíficos coma Irán ou Marrocos (sempre ten amable co pobo saharaui) e vende compoñentes para prantas nucleares a EEUU, por exemplo. ¿Qué pasa coas bombas racimo? NS/NC. Manda a balanza comercial, Máis en Público.

Chuzame! chúzame -
posted by baionaconsciente at 18:45  

sábado, agosto 2, 2008

A DISCRIMINACIÓN DAS LINGUAS COOFICIAIS - CAPÍTULO 5: GALICIA

xunta de galicia/zaInteresante artigo publicado en Público.es: Socioloxía dun edificio

Chuzame! chúzame -
posted by baionaconsciente at 11:29  

sábado, xullo 19, 2008

Os 25.000

diñeiroPara que uns teñan moitos, outros deben ter pouco. Principio básico que na economía galega tradúcese en que 25.000 persoas teñen un patrimonio medio superior a 800.000 €. ¿Alguén pensa que todos o lograron meritoriamente? ¿Cando baixe ese patrimonio dos 800.000 € debido á crise inmobiliaria terán as arcas públicas que axudarlles debido á especial situación de emerxencia social?

O Mundo está a voltar á normalidade e hai quen ve chegar a apocalipse. Ler a nova en Vieiros.

Chuzame! chúzame -
posted by baionaconsciente at 11:30  

sábado, xullo 12, 2008

VIGO INTEGRA: ¿Unha nova fenda no Val Miñor?

vigo integraOutra vez a sombra dunha grande infraestructura viaria ameaza Gondomar. Hai anos foi a Autopista a que, sen dar grande servizo aos miñoranos, atravesou o noso fermoso Val como un inmenso río de asfalto. Agora queren facer unha "vía de alta capacidade" dende o enlace de Vilaza até Couso, atravesando Vilaza, Chaín, Morgadáns, Peitieiros e Couso, levando por diante unha morea de casas e marcando gravemente a paisaxe única deses barrios e lugares. (máis...)

Chuzame! chúzame -
posted by baionaconsciente at 10:57  

sábado, xullo 5, 2008

Teatro no Morrazo

teatro no morrazo

www.culturagalega.org

Chuzame! chúzame -
posted by baionaconsciente at 12:38  

sábado, xuño 28, 2008

¿É éste o futuro do PXOM de Baiona?

gondomarAgardemos que non, porque ningún concello debería pasar polos despropósitos que pasaron Gondomar e Nigrán. Todo depende do sentidiño que teñan os nosos políticos. Novo PXOM en Gondomar

Chuzame! chúzame -
posted by baionaconsciente at 22:00  
« Previous PageNext Page »

Xestionado con WordPress