Archivos en la categoría Venres Cultural

Celda 211

Celda 211

Luis Tosar volta a bordala e si non lle dan o Goya será porque aos mandamases diso que se da en chamar industria do cine español non lles deu a gana de darllo. O cine español xa superou o adxectivo que lle lastrou toda a súa vida. Hoxe as españoladas non son a norma e grandes directores están xurdindo, froito dun esforzo que precisamente non é debido ao apoio institucional. Iso sí, hai que recoñecer que a obriga de que as cadeas privadas de televisión deban financiar proxectos cinematográficos sí que serviu de moito. Continua leyendo »

¿Sueñan los androides con ovejas eléctricas?

¿Sueñan los androides con ovejas eléctricas?

Máis coñecida por todos polo libro que inspirou o filme Blade Runner dirixido por Ridley Scott, achegou ao gran público o fenómeno da literatura cyberpunk e a excelente pluma de Philip K. Dick. Pero si temos que quedarnos con algunha das súas novelas, sen dúbida nos quedamos con “Una mirada en la oscuridad”, tamén adaptada ao cine no 2006 co título de “A Scanner Darkly”, tamén moi recomendable. Continua leyendo »

“Adios, mi querida señorita”

Mi qureida señorita

Sorprendeunos esta semana a nova da falecemento de José Luis López Vázquez, un actor cunha especial vinculación co noso concello por unha das súas máis exitosas películas: “Mi querida señorita”. Cada vez que a vemos non podemos máis que complacernos na contemplación da Baiona daquela época, tan fermosa e tan virxe. Nada que ver coa Baiona do século XXI.

Continua leyendo »

Slava’s Snow Show

Slava's Snow Show

Logo de ter un enorme éxito en Madrid, o cofundador do Cirque du Soleil, Slava Polunin, achéganos o seu espectáculo na neve no Centro Cultural Caixanova. Apenas quedan tres días para que rematen as súas actuacións en Vigo e nadie debería perder esta oportunidade de ver en acción a un dos mellores clowns do actual panorama internacional.

O seu selo queda patente na interacción co público e nas inquietantes maquillaxes dos clowns, que evocan máis a tristeza que a ledicia, ainda que paradóxicamente, fainos moito máis entrañables.

As entradas teñen un prezo moi variado, pero a partires dos 20 € podemos disfrutar do espectáculo cáseque a carón da nosa casa. Un erro perdelo.

Aos nove da volta

Volta dos nove

Non podía faltar a homenaxe no 73 aniversario da Volta dos Nove que se celebrará mañá, vai logo un poema que nos conmove, e a quen non.

Relatorio dun crime insepulto
relatorio perpetuo

Ai das mulleres sen home e dos seus fillos orfos! Continua leyendo »

District 9

District 9Tiñamos a dúbida de si unha crítica dunha película como District 9 (odiamos esa costume de non traducir os títulos norteamericanos) tería cabida nun espazo como o Venres Cultural, pero como o Consciente Baionés autor da mesma ben dixo, unha película  de ciencia ficción é o mesmo ao cine que unha novela de Larsson o é á literatura. A semana pasada hipotecamos o noso criterio co saga Millenium, así que deixamos renda solta á crítica cinematográfica.

District 9 ben podería ter a consideración dunha mera película de Sábado cos rapaces e flocos de millo nas mans, pero hai moitos compoñentes deste metraxe que a fan moi recomendable. Que veña da man de Peter Jackson xa dí moito dela, porque tralo éxito do Señor dos Aneis (a súa lectura en galego é un dobre pracer) non ten a necesidade de ligar o seu nome a proxectos dos que non estea seguro que van a causar sensación. Continua leyendo »

Stieg Larsson

Stieg Larsson¿Qué pensan os Conscientes do fenómeno Millenium?, ¿trátase dunha formidable campaña de márketing ou realmente nos atopamos ante o fenómeno literario do momento? Este estoupido de popularidade entorno a unha saga mesmo eclipsou ao novo libro de Dan Brown, que viu como no mundo dos best-seller ún é rei cun trono moi inestable.

Como no caso do Código da Vinci, podemos ver nos parques, terrazas, medios de transporte e outros lugares públicos idóneos para exercer a sana costume da lectura a moita xente con algún dos exemplares publicados por Stieg Larsson. A primeira película ten sido todo un éxito e tamén ten cumprido a regra básica: o libro está mellor que a película.

En fin, ¿qué poden decir os Conscientes Baioneses que o teñen lido?