Archivos en el mes de Xuño del 2007

Mexan por nós… e mexan por nós

ladeiraNovamente Portos de Galicia volta a especular có noso litoral. Se primeiro foi o Porto Deportivo de Ronáutica, agora é coa lámina de auga comprendida entre a Doca e o Clube de Iates.

O máis sorprendente é que a Cofradía e o Concello se enteraron polo DOGA. Parece ser que non nin tan siquera informe de impacto medioambiental, nunha zona marisqueira e de baño como é a praia da Ladeira.

Continua leyendo »

A SGAE quere pechar o teu bloge

$gaeDesde Baiona Consciente ofrecemos todo o noso apoio a alasbarricadas.org na súa loita infructuosa contra os desmáns da Sociedade Xeral de Autores e Editores. Publicamos aquí unha anotación súa explicando o problema.

Continua leyendo »

Pasear entre os libros

feiraYa vai comezar a Feira do Libro en Vigo. Un acontecemento que todos os asíduos lectores agardan, para navegar entre múltiples postos de librerías emblemáticas que nos achegan publicacións descoñecidas, xunto aos grandes éxitos da temporada. Esta Feira do Libro dará paso logo a unha xoia ainda máis apetecible: a Feira do Libro Usado. ¿Porqué non unha Feira do Libro en Baiona?
Continua leyendo »

¿Para cando a gardería municipal?

garderia

Desde que adxudicou o concurso para a construcción da gardería municipal xa pasaron varios anos. A empresa adxudicataria presentou unha oferta con baixa temeraria e o tribunal, naquel momento, primou a oferta económica sobre a calidade do proxecto.

Continua leyendo »

Chuza Baiona Consciente!!

chuzaAxudade a difundir Baiona Consciente chuzando as súas anotacións. Chuza.org é un portal onde se promocionan novas doutras páxinas. Somente as novas máis votadas saer en portada e son os usuarios quenes votan, polo que se elimina a figura do editor e se democratiza o acceso á información.

Continua leyendo »

O peaxe da AP-57 pode baixar

AP57Por acordo unánime do Parlamento, a Xunta vai instar a Autoestradas de Galicia para que ofreza unha modalidade de pago reducida aos usuarios habituais da Autoestrada Baiona-Vigo.

A AP-57 é máis coñecida como Autoestrada Vigo-Baiona, debe ser porque se fixo para que os vigueses e demais turistas poidesen vir mellor á súa residencia de Verán e non para que os Baioneses poidesemos comunicarnos con máis fluidez có resto da nosa Comunidade Autónoma.

Continua leyendo »

O coche nos Tendais

prazasAproveitando que a campaña electoral comezara e que unha boa axuda non viña mal, inaugurouse o novo aparcamento dos Tendais en Maio. Nun alarde de inxenio, se fixeron dúas inauguracións: o aparcamento subterráneo nun día e o novo campo de fútbol noutro.

Continua leyendo »