Esta web apoia a Isaac Diaz Pardo Baiona Consciente » 2007 » xuño

Baiona Consciente

Pretendemos crear consciencia política ao común da xente de Baiona - “Un blog que non é do BNG” S. Almuiña (Alcalde de Baiona)

luns, xuño 25, 2007

Baiona non arde

san_xoanXa pasaron as festas de San Xoán sen pena nen gloria en Baiona. Xa se converteu en tradición que os mozos se vaian de borracheira a Panxón (devólvennos a visita no 1º de Marzo) e que nin un só lume ilumine o noso Concello.

Xa sabemos que hai 20 anos non había as normas reguladoras que hai agora, en Panxón tampouco as había e sí que as hai agora.

(máis...)

Chuzame! chúzame -
posted by baionaconsciente at 14:27  

sábado, xuño 23, 2007

¿Cara onde vai ACEBA?

logo c_c_a

As iniciativas xeradas por colectivos son un importante referente para dinamizar as actividades de potenciación do noso Concello. Non só xeneran opinión e capacidade de diálogo coa Administración, senón que permiten crear consciencia á xente de a pé.

O grave problema que xurden nestes colectivos é que se deixen en máns duns poucos que  os empreguen para os seus intereses. Así, ACEBA sempre se empregou como antesala para a vida política con máis ou menos éxito.

(máis...)

Chuzame! chúzame -
posted by baionaconsciente at 13:49  

venres, xuño 22, 2007

Fracasa o “Fenómeno de la Peña”

delapeñaPara moitos non é unha sorpresa que Carlos de la Peña se rinda e deixe ao PSOE baionés descabezado e sen rumbo fixo.

Este político de orixe vasca nunca tivo por obxectivo servir no posible das súas capacidades a Baiona. Sabíase moi ben que aspiraba a máis altas cotas, pero que só podería acceder a elas cunha xestión que o avalara e coa axuda do seu amigo íntimo José Blanco.

(máis...)

Chuzame! chúzame -
posted by baionaconsciente at 19:09  

xoves, xuño 21, 2007

Axuda a Palestina desde Baiona

logo igadiNon nos engañemos, a axuda a Palestina sae da colaboración do IGADI coa Axencia das Nacións Unidas para os Refuxiados de Palestina.

O acordo establece que o IGADI desenvolverá programas de difusión e publicidade das actividades realizadas pola ANURP (UNRWA).

(máis...)

Chuzame! chúzame -
posted by baionaconsciente at 18:49  

mércores, xuño 20, 2007

Almuiña pón as cartas sobre a mesa

sito almuiñaReproducimos, íntegramente e traducida, a entrevista publicada en Faro de Vigo con Sito Almuiña. Cremos que é o suficientemente importante como para plasmar o texto íntegro. Ao final da entrevista faremos unha análise polo miúdo. De todos os xeitos, deixamos os enlaces ás dúas partes:

Faro de Vigo 1

Faro de Vigo 2

(máis...)

Chuzame! chúzame -
posted by baionaconsciente at 13:21  

martes, xuño 19, 2007

584.560 €

Sito Almuiña non quere perder un só día de xestión e xa ten conformado o seu grupo de goberno. Hoxe poidemos ler na prensa as responsabilidades que se van asignar a cada concelleiro e, incluso, as cantidades que percibirán polo desempeño das súas funcións.

Non entraremos en demagoxias, as retribucións dos políticos somente se poden discutir ao final dunha lexislatura, cando demostren se mereceron as cantidades que percibiron.

O máis salientable é que todos os concelleiros terán, como mínimo, "dedicacións parciais". Ángel Rodal lévase o premio gordo con 28.000 € anuais. Menos mal que non colleu dedicación exclusiva.

(máis...)

Chuzame! chúzame -
posted by baionaconsciente at 20:11  

martes, xuño 19, 2007

O urbanismo cambia de mans

urbanismo

O cambio máis salientable no reparto de áreas que hoxe coñecemos é a cesión das competencias en Urbanismo por parte do Alcalde. A designación de Ana simóns como Concelleira de Urbanismo ten dous importantes factores a ter en conta:

Ana Simóns é arquitecta, ainda que moi xoven e sen experiencia. O traballo que lle queda abordando a PXOM (por outra parte, case na fase final) e o PEPCHA pode consagra-la como una excelente xestora ou retira-la prematuramente da carreira política.

(máis...)

Chuzame! chúzame -
posted by baionaconsciente at 19:37  
« Previous PageNext Page »

Xestionado con WordPress