Archivos en el mes de Xullo del 2007

Removendo a conciencia ecolóxica

Desde o BNG non se da tregua nin no Verán e nos sorprenden por estos días con dúas denuncias moi ecoloxistas no seu contido.

Ademais, acaban de pór en funcionamento o seu propio bloge, feito que celebramos con grande satisfacción. Somentes agardamos que cunda o exemplo e os demais grupos municipais sigan o mesmo camiño, ou polo menos similar.

Estas dúas denuncias consisten no abandono á súa sorte dun bidón na costa de Baredo e un indiscriminado vertido de escombros na parroquia de Baiña.

Continua leyendo »

Masiva invasión en Baiona

Como todos os anos, Baiona explota o Verán como un filón turístico como poucos concellos galegos o poden facer. Os hosteleiros saben que non cuadran as contas neste período, difícilmente o negocio pode tirar para adiante.

A actual situación económica non permite moitos alardes, os turistas veñen menos porque teñen que pagar máis hipoteca, e os que veñen gastan menos.

Continua leyendo »

A voltas coa lámina de auga

Como xa comentabamos nunha anotación anterior, todos os grupos políticos do Concello se manifestaron en contra do Concurso para a explotación da lámina de auga comprendida entra a Doca e o Clube de Iates.

Tamén abordamos a problemática cando saiu á palestra, manifestando as posicións dos distintos afectados pola polémica decisión.

Continua leyendo »

Máis cara que espalda

Onte, como xa avisabamos nunha anotación anterior, celebrouse o Pleno Ordinario do Concello.

Se debatiron sete puntos da orde do día, pero o máis salientable foi que o BNG, como medida de presión, abandonou a sala de plenos, xa que, sorprendentemente, o Alcalde non incluiu a moción que presentaran para debatir a recuperación das prazas de garaxe “roubadas” no entorno dos Tendais.

Continua leyendo »

Pouco Sol, poucos euros

Os hosteleiros de Baiona perciben a crise actual no sector cando ven para as súas caixas. Os turistas nos visitan masivamente, pero veñen a pasear e non deixan moitos cartos.

Algúns achacan o descenso de clientes ao mal tempo, outros a que as actividades culturais e de entretemento non son suficientes ou casi nin existen e outros creen que o incremento do prezo das hipotecas reduciu a capacidade de gasto en xeral.

Continua leyendo »

Mañá hai Pleno

Como xa é habitual, mañá Xoves haberá Pleno, a partires das 12 da mañá. Como todos sabemos, nadie en Baiona está a traballar a esa hora, polo que o Concello nos facilita a posibilidade de que poidamos acudir a él e escoitar as opinións e actuacións dos diferentes grupos políticos.

Ironías aparte, lamentamos non poder informar máis que  que se van a debatir os Orzamentos para o 2007. Decimos lamentamos porque non sabemos que puntos da orde do día haberá, xa que nen na prensa nen na páxina web do Concello se nos informa do tema.

Continua leyendo »

Os días pasan e as obras non se rematan

manifestacion sabarisOnte nos visitou a Conselleira de Política Territorial, María José Caride, xunto coa Delegada Provincial de Política Territorial, a baionesa Isabel Domínguez.

En principio, có fin de determinar que as obras da rotonda de Sabarís pola estrada nova xa estaban rematadas.

O que non agardaba a Conselleira é que se lle plantaran diante varios veciños afectados e que lle soltaran unha serie de “inquietudes” sobre as obras prometidas.

Continua leyendo »