Como xa apuntabamos nunha anotación anterior, a medida de non recoller o lixo na Casco Vello ía traer consigo máis dunha queixa, coma así foi.
Agora a moitos se lle ocurren xeniais ideas para solucionar o transporte do lixo fóra do Conxunto Histórico-Artístico.
(máis...)
chúzame -
posted by baionaconsciente at 8:15
Hoxe é Festa Local. Todo semella tranquilo, unha calma tensa antes da tempestade. Os estranxeiros e turistas despistados se asombran ao ver os supermercados pechados, ¿haberá que avisarlles de que o vindeiro Mércores é festivo en toda Galicia?.
En Baiona Consciente tamén nos tomamos uns días de descanso, merecidas vacacións, pero a semana que vén voltaremos a estar de novo con todos os que nos queiran ler. Saúdos e disfrutade do tempo.
chúzame -
posted by baionaconsciente at 18:41
O Xuíz Del Olmo retirou a revista satírica El Jueves dos kioskos, por ofender á Coroa. Debemos reflexionar se estamos nun Estado que garante as nosas liberdades, cando nun caso no que un humorista mostra ao Príncipe de Asturias practicando sexo, hai alguén que considera que é unha ofensa para a súa persoa.
Quizais ao Xuiz Del Olmo lle resulte sorprendente que un home lle faga o amor á súa muller, ou o que considera ofensivo é que se diga tan claramente que o Príncipe non rasca bola para cobrar o que cobra.
Sabemos que esta anotación non ten incidencia directa có noso Concello, pero o recorte de liberdades consentido non leva máis que a u destino funesto. SOLIDARIDADE CON EL JUEVES!!!
chúzame -
posted by baionaconsciente at 18:08
Non cabe dúbida de que a todos os baioneses nos ten moi intrigados a próxima presentación do Plan Xeral de Ordenación Urbana. Moitos podemos estar afectados en maior ou menor medida por decisións que se vexan reflexados nos planos e ordenanzas que se preseten, non só pola incidencia que poidan ter en fincas particulares, senón polo modelo de Concello que xurda del.
(máis...)
chúzame -
posted by baionaconsciente at 10:41
A iniciativa de organizar Bancos de Tempo cobrou relativa importancia no noso entorno desde que a Federación Veciñal Eduardo Chao, en Vigo decidiu aplicar a idea nos seus ámbitos de actuación.
Esta iniciativa xa se aplicou en diferentes Concellos de España e Galicia, sendo pioneiros na nosa Comunidade os de Allariz, Foz e Vigo. A Consellería de Traballo está a apostar decididamente por esta fórmula, que garante unha mellor convivencia cidadá e, ao mesmo tempo, posibilita unha mellor conciliación familiar.
(máis...)
chúzame -
posted by baionaconsciente at 17:58
Non pretendemos crer que porque neste bloge demandaramos o programa de festas, o Concello vai e o saca inmediatamente. A verdade é que xa estamos inmersos no Verán e o programa sae con moito retraso.
É curiosa a afirmación do Alcalde, mesmo parece que houbo un cambio de goberno en Baiona, porque non entendemos entonces que os concelleiros de turno (Cultura e Deportes) non tivesen preparadas as actuacións necesarias para concertar as actividades do Verán antes das Eleccións.
(máis...)
chúzame -
posted by baionaconsciente at 13:32
Este fin de semana, tanto a Plataforma Veciñal coma o BNG, solicitaron que a Comisión de Seguemento polas Riadas se convocase novamente.
A verdade é que se están a acometer importantes actuacións na parroquia e os veciños adquiriron o costume de que os políticos acudan para explica-las. Tamén é certo que a estas Comisións apenas vai unha treintena de persoas dos cales, se non contamos a militantes e dirixentes dos partidos con representación, apenas unha ducia son veciños de Sabarís.
(máis...)
chúzame -
posted by baionaconsciente at 13:15