Archivos en el mes de Agosto del 2007

O día do Turista

Coma todos os Veráns, chega o día do turista. Un pouco tarde, a verdade, porque xa se nota a reducción do número de visitantes nas rúas.

As actividades organizadas son moi diversas e van desde visitas guiadas a saidas en piragua. Esta última actividade é moi acertada, se temos en conta que o padriño deste evento é o medallista olímpico David Cal.

Continua leyendo »

Caballero I, o Conquistador

A constitución das áreaa metropolitanas en Galicia está xerando moita controversia e pode afectar ao noso Concello. A cuestión fundamental é se este modelo de organización territorial pode traer beneficios para os cidadáns ou simplemente será un órgano máis para xerar ingresos atípicos aos políticos de turno.

Continua leyendo »

Perdón pola ausencia

No día de onte non puidemos deixar unha anotación, debido á caída do servidor de Blogaliza. Pedimos mil disculpas polos lectores que non poideron acceder á nosa web. Hoxe retomamos o traballo con renovados folgos.

Aproveitamos a ocasión para comentar que xa acadamos as 1000 visualizacións en Baiona Consciente. Unha cifra moi interesante, se temos en conta que non promovemos máis publicidade que o boca a boca. POr elo, seguimos pedíndovos que difundades a nosa existencia. Somentes coa difusión da nosa labor poderemos acadar os obxectivos que pretendimos ao iniciar a nosa andaina. Grazas por seguir ahí e polo apoio recibido.

Bla, bla, bla…

E seguimos a voltas coas terrazas. Nos reconfortamos enormemente lendo que un problema plantexado nesta bitácora acade tanta repercusión, alá por finais de Xullo.

Onte mesmo, o deciase desde o Concello que se ía retirar a terraza ilegal do Pedro Madruga. Hoxe sigue igual. Na Voz de Galicia de hoxe tamén se comenta que se vai a actuar contra o “asentamento” do Bar O Eixo.

Continua leyendo »

A ver se aprendemos

Non sucedeu no noso Concello, pero cómpre que tomemos exemplo. Novamente un gaseiro ficou bloqueado na ría de Ferrol, como podemos ler na Voz de Galicia.

Foron vinte embarcacións, un número menor das persoas afectadas pola privatización da lámina de auga en Baiona. Os mariñeiros e mariscadoras de Baiona sempre piden o apoio da cidadanía, pero non se mollan con iniciativas coma éstas, xa que teñen o perigo de seren identificados e tachados de perigosas persoas que pensan por sí mesmas.

Continua leyendo »

Eco ou unanimidade (e 2)

Non podemos máis que recoñecer que cando hoxe líamos o titular da Voz de Galicia: “A policía local desmantelará a terraza ilegal do ex alcalde de Baiona“, o primeiro pensamento se nos foi para a Praza Pedro de Castro. Logo, ao ler con calma a nova, nos enteramos que se estaba a falar da aberración instalada no Pedro Madruga.

O artigo, especialmente agresivo có propietario, o defenestrado “Chicho”, destaca moi acertadamente as irregularidades manifiestamente desproporcionadas deste personaxe. Todos sabiamos que Chicho se aproveitou dos seus cargos políticos para o beneficio propio, pero Baiona seguía confiando nel e dándolle a chave da caixa cada catro anos.

Continua leyendo »

Humaniza e vencerás

Logo da polémica xerada polo aparcamento soterrado dos Tendais, pensabamos que a excusa da “humanización” xa se tiña eliminado. Agora, parece que se quere exportar a idea a Sabarís.

Neste caso, podemos chegar a pensar que o proxecto é sinceiro e que se actúa con boa fe. A humanización de Sabarís xa é un tema que tratou o bipartito PSOE-BNG aló polo 2003 ou 2004, pensando tamén nun sentido único, sobre todo se concluimos acertadamente que o trato desde a rotonda de Isolina ata a rotonda do Ponte Romano ten cumprido servizo coa estrada pola costa que licitara Manolo Vilar.

Continua leyendo »