Adeus don Jesús
O Patrón Maior da Cofradía de Pescadores se xubila. O señor Méndez pasará á historia pola infructuosa loita contra un concurso de Portos de Galicia que afectaba moito menos á baía que o recheo de Ronáutica, pero que contou con moito máis apoio institucional e popular. Atrás quedan xestos tan nobles como dimitir de cargos institucionais a dous meses da súa xubilación (habería que saber se o faría de non estar a xubilación tan preto).
Sucédelle Ramón Costas, do que non podemos emitir valoración ata que vexamos co tempo a súa actuación na Cofradía.

Lemos hoxe na edición galego de
Mañá é festivo local no noso Concello. Celébrase a tradicional romería de San Cosme e San Damián. Máis coñecida como a Feira das Noces e do Mel, é unha das festas con máis tradición de Baiona.
Resulta que agora, froito do concurso de Portos de Galicia en Baiona, vaise facer un novo porto deportivo. ¿Pero é que nadie sabe que como moito se podería falar de ampliación do Clube de Iates Monterreal? ¿Aínda temos que andar a aclaralo ou é que alguén quere inducir a confusión? Lembremos que xa estamos en precampaña e actuacións coma esta poden supór un importante trasvase de votos.
Hai personaxes que xa perderon a vergonza e se permiten darnos leccións dos seus propios erros. O pobo de Baiona deu unha lección aos políticos nas pasadas Eleccións Municipais de Maio e penou a "Chicho" co destierro permanente do noso concello. A Manolo Vilar tamén lle mandou un aviso, pero os favores debidos aínda lle permitiron salvar a cabeza. Recoñecendo a súa habilidade para sobrevivir nun entorno tan hostil, ata acadou cotas de goberno nunca imaxinadas por un partido independente.