Archivos en el mes de Setembro del 2007

Adeus don Jesús

jesus lopez mendezO Patrón Maior da Cofradía de Pescadores se xubila. O señor Méndez pasará á historia pola infructuosa loita contra un concurso de Portos de Galicia que afectaba moito menos á baía que o recheo de Ronáutica, pero que contou con moito máis apoio institucional e popular. Atrás quedan xestos tan nobles como dimitir de cargos institucionais a dous meses da súa xubilación (habería que saber se o faría de non estar a xubilación tan preto).

Sucédelle Ramón Costas, do que non podemos emitir valoración ata que vexamos co tempo a súa actuación na Cofradía.

Continua leyendo »

O patrimonio non se toca

sos serra da grobaHoxe a asociación SOS Serra da Groba nos leva de excursión, de man de Xosé Lois Vilar, o home máis nomeado nos últimos meses. Arqueólogo membro do IEM, participante no proxecto de recuperación da memoria histórica na Volta dos Nove, encargado da musealización do Outeiro dos Lameiros e agora Presidente do movemento que aglutina a diversos colectivos opostos á instalación do parque eólico na Groba.

As saídas son varias, para facilitar o encontro. Ás 19.45 en Santa Marta, ás 20 horas en Chan da Lagoa e ás 20.30 na Cruz de Pau (na estrada Baiona-Torroña).

Continua leyendo »

Convocatoria de SOS Serra da Groba

sosgroba visita guiada

Un lugar onde vivir

vivenda dignaLemos hoxe na edición galego de El País que a FEGAMP pide á Consellería de Vivenda que non se estime o porcentaxe de vivenda protexida somentes polo número de habitantes e se teñan en conta outros factores, como a demanda de vivenda protexida, poidendo obterse incluso poloRexistro Público de Demandantes de Vivenda.

Pode non faltarlle razón á FEGAMP, se non fora porque o porcentaxe mínimo que quere establecer Teresa Táboas é do trinta por cento. En calqueira concello, sexa a demanda que sexa, pódese entender que haxa un mínimo dun trinta por cento de familias que precisen unha serie de axudas para acceder á vivenda.

Continua leyendo »

Mañá é festivo en Baiona

san cosme e san damianMañá é festivo local no noso Concello. Celébrase a tradicional romería de San Cosme e San Damián. Máis coñecida como a Feira das Noces e do Mel, é unha das festas con máis tradición de Baiona.

Como moitas tradicións, somentes se conservan grazas ao empeño dos nosos avós, xa que á xente nova non lles interesa moito a compra en mercado, acostumbrados ao mundo do Eroski e o Gadis.

En fin, mañá non estaremos, pero o Xoves nos voltaremos a atopar.

Rizar o rizo

lamina auga baionaResulta que agora, froito do concurso de Portos de Galicia en Baiona, vaise facer un novo porto deportivo. ¿Pero é que nadie sabe que como moito se podería falar de ampliación do Clube de Iates Monterreal? ¿Aínda temos que andar a aclaralo ou é que alguén quere inducir a confusión? Lembremos que xa estamos en precampaña e actuacións coma esta poden supór un importante trasvase de votos.

Continua leyendo »

Segredos baixo terra

pola defensa da riaHai personaxes que xa perderon a vergonza e se permiten darnos leccións dos seus propios erros. O pobo de Baiona deu unha lección aos políticos nas pasadas Eleccións Municipais de Maio e penou a “Chicho” co destierro permanente do noso concello. A Manolo Vilar tamén lle mandou un aviso, pero os favores debidos aínda lle permitiron salvar a cabeza. Recoñecendo a súa habilidade para sobrevivir nun entorno tan hostil, ata acadou cotas de goberno nunca imaxinadas por un partido independente.

Continua leyendo »