Se o pasado Sábado o BNG traía á súa parlamentaria Olaia Fernández para visitar as instalacions de Silleiro e interesarse pola súa rehabilitación, hoxe é o Concello quen recolle a pataca quente e fala de estudar as posibilidades dos túneles militares.
A maniobra do BNG foi áxil e permitiu que o Concello non poida vender o tanto da rehabilitación, pero a verdade é que á hora de que se efectivicen as obras, será o Alcalde e os seus concelleiros quenes saian na foto e vendan como nadie o logro dunha rehabilitación que xa se retrasa demasiado.
(máis...)
chúzame -
posted by baionaconsciente at 18:52
A Conselleira de Política Territorial, Mª José Caride, e a Delegada Provincial, A baionesa Isabel Domínguez, presentaron o proxecto de reforma da Autoestrada do Val Miñor, ata o de agora dun nome moi desacertado, salvo que se quixera indicar o destino de chegada, claro.
Agora nos queren vender a innovadora idea, cando xa o PP tiña en marcha o proxecto e cando era o que se pedía no momento da súa construcción.
(máis...)
chúzame -
posted by baionaconsciente at 13:47
Hoxe nos enteramos pola prensa que a Executiva Local do PSOE de Baiona se acaba de renovar. O novo presidente da mesma será Arturo Pereira, máis como coñecido por "Turi", xerente da Asesoría Temis.
Xa se tiña falado que tra-la dimisión de Carlos de la Peña alguén tería que asumir as riendas do PSOE baionés, ou senón a deriva do partido sería tremenda. Agora, poden decir públicamente que todo está calmo e que o partido se reforza, pero iso non tapa que o partido ten varias faccións internas que se unían co liderazgo de De la Peña e agora se despertarán para tirar cada quen polo seu lado.
(máis...)
chúzame -
posted by baionaconsciente at 19:03
Hoxe mesmo nos enteramos que o Concello non está moi a favor da instalación do Parque Eólico na Serra da Groba. Píllaos máis despistados que de costumbre, pero reaccionan a tempo, xusto o necesario para que emitan un dictamen desfavorable que axudaría moito ás pretensións da recentemente constituida asociación SOS Groba.
(máis...)
chúzame -
posted by baionaconsciente at 17:23
Namentres o PP segue enganchado ao concurso da lámina de auga, a pesares de que a cousa non foi como pensaban e siguen sen rectificar, o BNG pasa páxina e se vai a Silleiro para apuntarse o tanto da súa rehabilitación antes de que o Goberno Local pacte algo co Ministerio de Defensa.
Xa no 2004 o goberno PSOE-BNG tentou realizar unha actuación nas baterías de Silleiro, pero estando en minoría o PP non o permitiu. Existe un factor adicional a este suceso, en Baredo se constituiu unha asociación que reclama a restitución da propiedade aos antiguos propietarios, xa que se confiscaron coa dictadura franquista.
(máis...)
chúzame -
posted by baionaconsciente at 10:57
Se onte dábamos as grazas polo apoio recibido, hoxe temos que congratularnos por ver que xente do Val Miñor ten esa consciencia que tanto reclamamos. Constituise o colectivo SOS Groba para parar o proxecto de parque eólico na Serra da Groba.
Neste colectivo se integran asociacións ecoloxistas como Verdegaia, Salvemos Monteferro ou o Colectivo Ecoloxista A Groba. Tamén están presentes o IEM e o Clube Espeleolóxico Maúxo. En cabeza da asociación está Xosé Lois Vilar, arqueólogo responsable da musealización do Outeiro dos Lameiros en Sabarís e membro do IEM.
(máis...)
chúzame -
posted by baionaconsciente at 11:59
Desde que BC naceu, pretendimos crear un certo remordimento nas conciencias dos baioneses. Non pensabamos que unha anotación diaria poidera facer demasiada forza e non podiamos pensar que en apenas tres meses iamos poder chegar a tanta xente. A día de hoxe xa acadamos con creces máis de duas mil visualizacións e temos unha media de visitas que rondan as trinta diarias.
Non podemos deixar de agradecer que valminor.info tivera posto os ollos en nós e nos solicitara colaboración. Alí podedes ver as anotacións máis relevantes que deixamos na rede. Desde que comezamos a colaborar, as visitas medias non deixan de crecer.
(máis...)
chúzame -
posted by baionaconsciente at 18:21