Esta web apoia a Isaac Diaz Pardo Baiona Consciente » 2007 » outubro

Baiona Consciente

Pretendemos crear consciencia política ao común da xente de Baiona - “Un blog que non é do BNG” S. Almuiña (Alcalde de Baiona)

martes, outubro 23, 2007

Conformismo

cartosAnte o reto que lanzamos onte somentes podemos evaluar a proba coma fracaso. Quixeramos pensar que non se trata de conformismo da xente que nos le, senón que simplemente os que teñen ideas non se atreven a manifestalas, sexa por vergonza, sexa por estratexa política. Quizáis nalgunha campaña política teñanmos que referenciar o hoxe dito, tempo ao tempo.

Pasando páxina, hoxe nos enteramos polo Faro de Vigo que o PP vai preguntar no Parlamento sobre as axudas non pagadas en Sabarís.

(máis...)

Chuzame! chúzame -
posted by baionaconsciente at 14:22  

luns, outubro 22, 2007

Ambición ou conformismo

praza abastos baionaNestes días, grazas ao Obradoiro de Emprego que se está a encargar, estanse a realizar obras de reforma na Praza de Abastos de Baiona. Esta praza xa sufriu varias reformas e moitos recordamos o fermosa que era hai moitos anos, antes de que Chicho puxera as súas mans enriba dela para executar a "xenial" idea de colocar aparcamentos sobre a praza en troques do normal.

Aquela fermosa praza, coas súas escaleiras de acceso e cun peculiar tono verde.

Hoxe é unha infrautilizada infraestructura que se emprega como depósito municipal, entre outras cousas.

(máis...)

Chuzame! chúzame -
posted by baionaconsciente at 20:15  

sábado, outubro 20, 2007

Máis información e menos demagoxia

riadas sabarisAs novas voltan a centrarse en Sabarís, o cumprimento dun ano logo das inundacións marca un punto de inflexión e, coa calma necesaria, pódense facer balances obxectivos.

A política municipal está quizais demasiado enturbiada e o que solicitamos non pode xurdir de ningún partido político. O PP sabe que debe culpar á Xunta, apesar de que é a primeira vez que van cobrar os veciños de Sabarís logo dunha riada. O PSOE e o BNG tentan tapar as miserias das súas consellerías, que non están respostando como deberían. Un ano é máis que suficiente como para xestionar indemnizacións.

(máis...)

Chuzame! chúzame -
posted by baionaconsciente at 13:55  

venres, outubro 19, 2007

Novas boas ou malas

compsotaxeHoxe tiñamos a firme convicción de falar sobre a comisión de seguimento polas riadas en Sabarís, pero ao non poder ter referencias directas sobre o acaecido e non reflexar a prensa nada, salvo a corte na estrada a Belesar que publicou a Voz de Galicia. Xa que logo, nos imos decantar por unha nova positiva, que xa está ben de falar de disgustos e agravios.

(máis...)

Chuzame! chúzame -
posted by baionaconsciente at 18:04  

xoves, outubro 18, 2007

Urbanismo sostible, por favor

canizo sabarisXogemos un rato ás adiviñas. Aproveitaremos o chorro de ideas dun dos nosos lectores e preguntémonos... ¿ú-lo hórreo? Nós preferimos o término canizo, que sae dos beizos dos máis vellos do lugar, con ese seseo que somentes pode producirse por unha fala despreocupada.

O caso é que este canizo se "atopa" no noso concello. Unha primeira pista: está na parroquia de Sabarís.

(máis...)

Chuzame! chúzame -
posted by baionaconsciente at 12:31  

mércores, outubro 17, 2007

¿Público o privado?

galescolasPro fin aparece a nova tan agardada polos pais e nais de Baiona. Parece ser que 2008 será o ano da Gardería Municipal. Sempre e cando non xurda algunha discordia adicional.

Durante a campaña electoral a Sito Almuiña non lle parecía moi acertada a aposta polas Galescolas e seica parecía decantarse por unha concesión privada, dubidando de que a alternativa pública fora máis económica para os baioneses.

(máis...)

Chuzame! chúzame -
posted by baionaconsciente at 13:32  

martes, outubro 16, 2007

Unidos por fin

mancomunidade val miñorFinalmente os tres concellos do Val Miñor limaron antigas asperezas derivadas de rencillas persoais e loitas intestinas polo poder e decidiron voltar a impulsar a Mancomunidade do Val Miñor.

Tamén se eliminaron os localismos derivados desta institucións e se establece unha sede física en Baiona, no lugar onde hoxe en día se atopan as instalacións do INEM, que pronto se van mudar a un baixo na urbanización dos Tendais. Que a documentación relativa ás iniciativas da Mancomunidade se trasladasen dun Concello a outro segundo quen estivese presidindo o ente era un auténtico esperpento e resultaba dunha total inoperatividade. Ademáis, contarán con dous empregados ao cargo das oficiñas, sempre apoiados por persoal dos tres Concellos.

(máis...)

Chuzame! chúzame -
posted by baionaconsciente at 14:35  
« Previous PageNext Page »

Xestionado con WordPress