Archivos en el mes de Novembro del 2007

Novo roteiro na Groba

roteiro decembroLogo de expór na Galería Sargadelos de Vigo a problemática do parque eólico na Groba, o colectivo SOS Serra da Groba vai realizar esta fin de semana un novo roteiro. Desta vez contarán coa colaboración da Agrupación de Montaña Augas Limpas. Primeiro sairán desde Vigo ás 9:30 horas, desde a estación marítima e en Baiona ás 10.30 horas desde a gasolineira, para continuar en coche ata a Groba.

O roteiro terá un percorrido duns 8 km., polo que conideran o mesmo de dificultade baixa e terá parada na metade para xantar. Tamén recomendan levar roupa de abrigo e de chuvia, por si acaso. Como xa é tradicional, chegarase á Laxe Cruzada, pasando pola Cruz de Pao e o Fozo Pedriño.

Outra cousa se poderá criticar ao colectivo ecoloxista, pero de falta de iniciativa e ganas de explicar a súa postura ante o parque eólico non será.

“Jornadas” sobre benestar

benestarO PSOE vai celebrar o vindeiro Sábado unhas xornadas sobre políticas de benestar na Capitanía Marítima. Entendemos que é un acto de precampaña no que nos falarán de todas aquelas medidas sociais que levou adiante o Goberno Central de Zapatero. Moi habilmente se falará de políticas municipais de benestar e de leis estatais, obviando actuacións autonómicas que están noutras mans.

Tanto na web como o seu cartel son un pouco confusos na temática a tratar:

Continua leyendo »

Sexamos egoistas

desenvolvemento sostibleXusto no día en que acadamos 10.000 visualizacións e o número de comentarios supera o de anotacións, creemos que as problemáticas fundamentais do noso concello xa se trataron nas nosas anotacións. O fluxo de debates que se están a producir nos comentarios posibilitou unha gran aportación de opinións e informacións e o resultado é que moitas veces non podemos engadir máis do xa dito. A lámina de auga, o parque eólico, as riadas de Sabarís, o lixo, o urbanismo. Baiona da moito de sí, pero como anticipábamos onte, agora hai un tema máis escabroso que producirá un vacío informativo.

Nembargantes, gustaríanos falar do publicado na  Voz de Galicia sobre o Mapa galego de risco hidrolóxico Continua leyendo »

Non aos xuizos paralelos

xustizaEstamos cansos de asistir a xuizos paralelos. Perturban a serenidade dos implicados e tentan destruir a imparcialidade dos tribunais. Por elo, pode que nestes días non teñamos máis remedio que supeditar na prensa toda nova municipal ao xuizo polo asasinato de Águeda. En Baiona Consciente non imos facer un seguimento do expresado. Agardaremos a que resolvan os xuices competentes e logo tiraremos conclusións.

Ésta debería ser o costume no periodismo, mais sabemos que non é así. Os nosos visitantes quedan avisados de que se veñen a comentar detalles escabrosos, regodearse nas miserias alleas ou reflexionar sobre as maldades da humanidade, éste non é o sitio nen o momento, debemos gardar silencio e deixar como única voz á xustiza.

Fin de semana reivindicativo

agueda gonzalezEste Domingo non dimos abasto con tanta actividade reivindicativa. Pola mañá concentración no Día contra a Violencia de Xénero e pola tarde manifestación apoiando o xuizo polo asasinato de Águeda. Se ven no caso de Águeda non podemos falar estrictmamente de violencia de xénero no sentido estricto da problemática, sí que foi un caso que nos fixo plantexar moitas reflexións que, realmente, non nos levaron a ningçun lado.

Continua leyendo »

Cando chove pensamos en Sabarís

obras en sabarisLogo de estirar o bo tempo o suficiente como para amañar o desastre de Xullo, por fin chegan a choiva a Baiona. Moitos estaban agardando por ela. Todos aqueles que teñen algo sembrado na súa leira, porque o frío pode estragar a colleitas e os pozos empezaban a baixar de volume.

Pero nunca chove a gusto de todos e iso é o que pasa en Sabarís. O 2007 foi un ano desastroso, a bonanza do tempo permitiu levar a cabo múltiples obras apra tentar evitar novamente o desastre. A pesar do que podan pensar moitos veciños, fíxose moito e invertíranse moitos cartos na parroquia. Continua leyendo »

A oposición debate

aeroxeradorDebido a un debate orixinado nos comentarios de Baiona Consciente, decidimos le var o mesmo a unha anotación e que todos podan participar das reflexións orixinadas nunha anotación que nada tiñan que ver co parque eólico da Groba. Todo ven orixinada polos distintos puntos de vista co que enfocan PSOE e BNG a cuestión do parque eólico. A moda dos boletín permítenos saber as opinións dos partidos que están interesados en difundilas.

Continua leyendo »