Cando falamos de urbanismo, sempre presupomos a discordia, canto máis en concellos costeiros e turísticos. Coa modificación puntual que afecta á delimitación do PERI 5 (detrás do C.P. Covaterreña) non podía ser menos. Se ademáis se entra en conflicto cun colexio, dirección e a AMPA incluida, a polémica xa está servida.
O conflicto iníciase por un erro inicial do Plan Xeral do 95, ou sería mellor decir unha mala execución do mesmo. As opcións para dar acceso a esa urbanización de solo serían polo barrio de Covaterreña ou polo barrio da Anunciada. ¿E logo porqué se opta por unha terceira vía? É moi sinxelo, dous atrancos impiden a consecución dos viais previstos.
(máis...)
chúzame -
posted by baionaconsciente at 14:21
Hoxe queriamos falar de urbanismo, pero sorprendeunos unha interesante nova nas páxinas da Voz de Galicia. As obras do peirao de Baiona, do que xa tiñamos falado, descubriron interesantes pezas arqueolóxicas coma un canón do século XVII ou restos de cerámica chinesa. A principal hipótese considera que estes restos son froito de pequenos accidentes domésticos nas pezas e que provocaron que os seus propietarios as tirasen pola borda.
(máis...)
chúzame -
posted by baionaconsciente at 11:49
Hoxe o Faro de Vigo nos desvela que a xestión dos fondeos na controvertida lámina de auga entre a Doca e o Clube de Iates suporá a instalación de 260 toneladas de formigón para levalos a cabo. O cálculo é ben sinxelo. Se cada morto pesa 5 toneladas e se proxectan 52 fondeos, o resultado é un total de 260 toneladas.
Moitos defendían que non se ía "urbanizar" o mar, porque non se ían colocar pantaláns. Outros pretendían xustificar a súa oposición vendendo que se pretendía construir unha extensión do Clube de Iates de Ronáutica. Incluso houbo quen saiu á defensa das mariscadoras e mariñeiros.
(máis...)
chúzame -
posted by baionaconsciente at 14:14
Nos inicios de Baiona Consciente faciamos unha evaluación da presenza dos partidos políticos baioneses na rede. O resultado era desalentador, xa que a todos empregaban a rede con fines electorais e mesmo o PP nen a empregaba con ese fin.
Logo o BNG abriu un bloge e agora o PSOE estrena web de seu. De momento a xestionan como medio de difusión do seu boletín, seguindo os pasos dos nacionalistas. Pero tamén podemos atopar información tan interesante como a formación da Agrupación Local Socialista ou as mocións que van presentando nos Plenos (de momento só tenñen unha colgada).
(máis...)
chúzame -
posted by baionaconsciente at 8:16
Acabamos de activar un engadido de blogaliza que permite que os visitantes de Baiona Consciente chuzen as nosas anotacións. Chuza! é unha web de difusión de artigos e novas a través de votación, ao estilo de menéame ou del.ici.ous. As novas que se publiquen serán as máis votadas, polo que non chega con chuzar unha noa, ten que gustar aos "chuzantes".
Para chuzar unha nova cómpre estar rexistrado, que é unha tarefa moi sinxela, para votar as novas somentes hai que entrar en chuza.org e votar as novas que consideremos máis interesantes. É o democracia chegada ao mundo da comunicación.
Moitos blogeiros e desenroladores de web empregan estas web para difundir o seu traballo e incrementar o número de visitas. Baiona Consciente non vai ser menos e, fiel aos seus principios, emprega unha arma máis da rede. Chuzade compañeiros e Baiona Consciente chegará a milleiros de persoas.
chúzame -
posted by baionaconsciente at 13:14
Definitivamente o problema da recollida do lixo salta á palestra. Xa tiñamos falado irónicamente a finais de Outubro do tema, co galo da folga en Redondela. Agora tócanos a nós, pero coa salvedade de que aquí somentes será as fins de semana. Un xesto que honra aos convocantes, porque os cidadáns non temos que pagar a ineptitude dos nosos representantes políticos. Desde a web amiga valminor.info lévase desde hai tempo denunciando este problema desde hai moito tempo. Os grandes medios de comunicación recollen agora esa inquietude. Tarde piáchedes, compañeiros, o lío xa ven de antes.
(máis...)
chúzame -
posted by baionaconsciente at 9:17
Alegrémonos de que neste concello as cousas comecen a mudar. Hai uns días manifestábamos o profundo enfado por non saber nin cando son os Plenos da Corporación, unha acto que debería ser unha multitudinaria manifestación de uso da democracia municipal, pero que se queda nun simple trámite administrativo que hai que seguir mensualmente.
(máis...)
chúzame -
posted by baionaconsciente at 9:18