Archivos en el mes de Decembro del 2007

Conclusións e propósitos de enmenda

cabodanoNovamente imos ter un pequeno parón estival, desta vez debido ao cabodano. É tempo de tirar conclusións do 2007 e de comprometerse a mudar actitudes no 2008. Estaría ben que os nosos políticos e outras personaxes públicas realizasen tamén estes dous actos e manifestasen públicamente a súa postura en ambos casos.

Desde Baiona Consciente podemos concluir sen nengunha dúbida que os dous momentos máis importantes do 2007 son os comicios municipais e a presentación do PXOM. Antes de Maio o 2007 non existiu, é un vago recordo manchado por personaxes de dubidosa calidade como a de Benigno Rodríguez e o seu séquito de impresentables personaxes. Continua leyendo »

O eterno rumor

sito almuiñaXa se tiña falado cando se presentou por primeira vez e sigue na rúa a día de hoxe, pero non chega o día da confirmación. Quizáis sexa verdade ou non e pode que logo da aprobación do PEPCHAB e o PXOM se produza por fin o feito. Pero o caso é que a día de hoxe está máis preto de ser unha lenda urbana que de convertirse en realidade. ¿De que estamos a falar? Pois moi sinxelo, moitos con certeza saben do que estamos a falar, trátase Continua leyendo »

Os tempos son importantes

mal urbanismoNon podemos deixar de resistirnos a comparar a situación da elaboración do Plan Xeral en Vigo coa de Baiona. Un goberno autonómico empregou todos os seus medios para que un documento non elaborado por eles tampouco fora aprobado por outro goberno de diferente cor ao propio.

En Baiona o PXOM é enteiramente obra do PP, pero ten que pasar o corte da Xunta. Un exercicio de responsabilidade sería a colaboración entre as Administracións, para levar a bo fin o texto. Catro anos de retraso adicionais propiciarían a debacle económica do noso concello, motivada única e exclusivamente por intereses totalmente partidistas e electoralistas. Continua leyendo »

Calma chicha

urbanismoSe ben a semana pasada a expectación ante a presentación oficial do texto redactado do novo Plan Xeral non daba pé a outra nova e era a comidiña de todos os baioneses, esta semana as festas do Nadal semella que mandou a todos os políticos de vacacións. Non hai máis conclusións sobre os textos presentados nin se publican nas webs dos grupos da oposición, quizais debido ao anuncio por parte da corporación municipal de que se fará oficialmente desde o Concello a partires de Xaneiro. Continua leyendo »

Felices Festas baionaconscienteiros

nadal consumistaNestas entrañables datas, Baiona Consciente quere desexarlles un feliz Nadal e próspero aninovo. Fóra de ironías, quixeramos desexar que o 2008 traia serenidade, consenso e paz social a todos os baioneses, comezando polos nosos representantes electos, pasando polos colectivos e rematando por todos e cada ún dos cidadáns que torcen a cara cando ven a alguén claramente definido nunha postura política oposta.

Baiona Consciente voltará o vindeiro Mércores 26. Felices Festas.

Preocupacións

campo golf domaioMoito se está a falar da zona deportiva que previsiblemente ocupará un campo de golf. Non cabe dúbida que se insiste desde o Goberno Municipal que non se contemplarán chalets na urbanización e que será de carácter público. Como en todos estes debates que se orixinan na Administración, temos que andar con pes de chumbo, porque, ¿que queren decir con público?.

Aquí xa se ten comentado que a concesión da lámina de auga non é unha privatización, que a Piscina Mancomunada é pública e que a futura Gardería Municipal tamén se xestionará a través dunha concesión e non a través da rede de Galescolas da Xunta. Deixar a xestión dun servizo municipal en mans privadas pode non considerarse legalmente unha privatización, pero de feito o é. Continua leyendo »

Un acerto que pasa desapercibido

calendarioComo non cabe azuzar demasiado o debate sobre o urbanismo, que para iso xa está a anotación de onte, nova marca na historia de Baiona Consciente en número de comentarios nunha soa anotación, hoxe nos gustaría falar do xa tradicional calendario do Concello.

Este ano debemos felicitar á persona encargada de elexir o deseño por ter pensado en Caino para obter as ilustracións mensuais. Continua leyendo »