Esta web apoia a Isaac Diaz Pardo Baiona Consciente » 2007 » decembro

Baiona Consciente

Pretendemos crear consciencia política ao común da xente de Baiona - “Un blog que non é do BNG” S. Almuiña (Alcalde de Baiona)

mércores, decembro 19, 2007

A comisión sectorial será determinante

futuo urbanisticoLogo da presentación no Auditorio Municipal, con non demasiada expectación, a verdade, a oposición xa exerce como tal e manifesta os puntos de vista encontrados co grupo de goberno. A comisión sectorial de urbanismo terá que xogar un papel fundamental na resolución deses puntos de desencontro ou se convertirá nun cortina de fume para que o señor Almuiña quede ben ante os veciños.

O Alcalde falou de que en Xaneiro os cidadáns de segunda xa poderemos ter acceso ao texto, xa que o mesmo corre por moitas mans, pero na web do concello seguimos sen telo. (máis...)

Chuzame! chúzame -
posted by baionaconsciente at 12:03  

martes, decembro 18, 2007

Primeiras pinceladas

golfO perfil do novo plan xeral semella que xa está cobrando corpo. Baiona é turística e a que non lle gusta xa se sabe por onde ten que sair. Caben 700.000 metros cuadrados para un campo de golf "para os baioneses" e 160.000 para solo industrial. De tods é ben sabida a tradición "golfística2 de certos baioneses, sobre todo contraposto á iniciativa empresarial. Montade un bar e deixádevos de experimentos con gaseosa, que os talleres mecánicos, carpinterías, empresas de distribución e outras zarandainas son cousas para os de interior. Semella que os compañeiros de Servicat e do Goberno Municipal non coñecen a verba "diversificación" e Baiona ten que ser turística. Todas as demais alternativas laborais non caben no novo deseño municipal. (máis...)

Chuzame! chúzame -
posted by baionaconsciente at 16:16  

luns, decembro 17, 2007

Outros camiños posibles

urbanismoSe lemos estes días a prensa, semella que tivemos que ter sacado todos a carreira de arquitectura. Os plans xerais son a nova alí por onde se vai. En Vigo déronse dúas manifestacións, sempre baseado no descoñecemento do texto e a falta d debate do mesmo. Incluso ao compañeiro de goberno se lle van dar seis días para examinar o documento.

(máis...)

Chuzame! chúzame -
posted by baionaconsciente at 14:03  

sábado, decembro 15, 2007

O día D chegou

planoSerá o vindeiro Martes 18 deste mes, ás 8 da tarde, no Auditorio Municipal. Ao fin poderemos ver os textos do novo Plan Xeral. A aparente calma política en Baiona chega ao seu fin e as decisións vanse medir con lupa. Non queremos pedradas ás fiestras do Concello nin favoritismos no trazo das liñas. (máis...)

Chuzame! chúzame -
posted by baionaconsciente at 12:24  

venres, decembro 14, 2007

Tirannos lama á cara e dinnos que é bo para a pel

porta da vilaHoxe, o BNG de Baiona denunciou no Faro de Vigo que Patrimonio multou ao Concello de Baiona por unhas obras de levantamento do pavimento na Porta da Vila. Estando Manolo Vilar polo medio de todo nos podemos esperar. Xa coñecemos as súas artimañas como Alcalde, cando retirou todas as pedras do Casco Vello e as substituiu por lousas de granito. ¿Onde foron a parar as retiradas? Admítense apostas.

(máis...)

Chuzame! chúzame -
posted by baionaconsciente at 20:37  

xoves, decembro 13, 2007

Mirando con envidia para os veciños

axenda 21Que un Concello limítrofe con nós aposte pola Axenda 21 como método para o desenrolo urbanístico non pode máis que darnos a esperanza de que Baiona secunde a proposta. No noso concello optouse por un Consello Sectorial de Urbanismo, mais non por unha proposta urbanística sostible, polo menos ata o de agora. No avance do Plan Xeral falábase de campos de golf, entre outro tipo de ofertas turísticas. Dentro dunha Axenda 21 dificilmente encaixarían este tipo de iniciativas.

(máis...)

Chuzame! chúzame -
posted by baionaconsciente at 12:40  

mércores, decembro 12, 2007

De paseos marítimos e impactos ambientais

paseo maritimo baionaPoidemos ler en 20minutos.es que a instalación indiscriminada de paseos marítimos pode provocar alteracións nos depósitos sedentarios das areas nas praias. A verdade é que a pouco que nos esforcemos, pronto poderemos percorrer toda a costa galega de paseo en paseo. Agora mesmo podemos sair do Paseo de Pinzón e chegar ata a Panxón sen ter que abandonar en ningún momento un paseo marítimo. O proxecto era chegar hasta Vigo e partir desde Baredo. Pouco falta.

Que a area e as mareas afectan non é ningunha novidade, a rúa de Elduayen e a Avenida Monterreal están a sufrir un importante deterioro no subsolo a causa disto. (máis...)

Chuzame! chúzame -
posted by baionaconsciente at 13:59  
« Previous PageNext Page »

Xestionado con WordPress