Seica por fin o maior e mellor monumento de Baiona comeza a recibir o trato que se merece. O Casco Vello xa ten cáseque preparado o seu Plan Especial de Protección. Namentres, desde o Concello non fan máis que sacar iniciativas que faciliten a súa posta en marcha, con medidas restrictivas de acceso e agora, como contraprestación, cunha golosa oferta para os residentes. (máis...)
chúzame -
posted by baionaconsciente at 14:05
Hoxe sabemos, a través da Voz de Galicia, que técnicos do Museo do Mar de Galicia que están a desenvolver un proxecto denominado "Memoria do Mar", no cal se vai facer unha recollida de fotos antigas relacionadas co mundo do mar. Na lonxa de Baiona e ata o Xoves estarán técnicos do proxecto para que todo aquel que teña unha foto a poda levar e as dixitalicen. Como compensación pola colaboración, se lles dará un CD coas fotos dixitalizadas.
(máis...)
chúzame -
posted by baionaconsciente at 18:02
As campás da Igrexa de Santa Cristina seica trouxeron problemas polo seu tañido nocturno. Co ensoñador artigo do bo de Iglesias Viqueira no Faro de Vigo, titulado "El reloj también duerme", digno de lectura e reflexión, podemos saber que algún veciño se queixou ao noso Alcalde do molesto que era escoitar 24 badaladas ás 12 da noite, polo que sen falta o señor Almuiña intercambiou opinións co párraco de Santa Cristina e éste procedeu a eliminalas.
(máis...)
chúzame -
posted by baionaconsciente at 12:25
Debido á migración a outros servidores de Blogaliza, pode que algunha anotación e/ou comentario non se publique ou se produza algún erro doutro tipo nestes días. Disculpade as molestias. Agardamos que o Luns estea todo arranxado.
chúzame -
posted by baionaconsciente at 20:55
Hoxe puidemos ler na prensa que por fín se van iniciar as obras para aproveitar a autoestrada como intercomunicación dos tres concellos que conforman o Val MIñor. Chega con un pouco de retraso, porque xa era unha reivindicación solicitada cando se licitou a obra da autoestrada, hai xa moitos anos. Daquela optouse máis por recibir ovos na cara por parte dos veciños que escoitar o que reclamaban, eran outros andares na política. (máis...)
chúzame -
posted by baionaconsciente at 12:25
Se primeiro foron as columnas que adornaban o paseo de Pinzón, agora é a pérgola fronte á praia da Ribeira, restos do antigo mercado de Baiona. Está ben que todos vexan que somos un pobo rico e que precisamos ter a cara ben lavada.
Esta reflexión nos leva a observar que desde hai un tempo non paramos de ver empregados do Concello por toda Baiona. (máis...)
chúzame -
posted by baionaconsciente at 18:14
En Baiona somos pobo de tradicións. A danza das espadas, a Festa da Arribada... e o Alcalde que inviste en reparar a cuberta do pavillón. Son cousas da vida ou, para ser máis exacto, do paso de Manolo Vilar pola alcaldía. ¿Qué non fixo Manolo Vilar por Baiona? Ésa é a frase que este personaxe emprega cada vez que se lle pon contra as cordas, pois hoxe toca recordarlle unha das súas. (máis...)
chúzame -
posted by baionaconsciente at 12:44