Archivos en el mes de Marzo del 2008

Sostenibilidade

[gv data=”sY1Uk_cgjr0″ width=”425″ height=”350″][/gv]

A nova lei da paisaxe

paisaxeNova obtida en Vieiros.

O Goberno aprobou este xoves o proxecto de Lei de protección da paisaxe de Galiza, que se encargará de crear os instrumentos precisos para a conservación e a delimitación da paisaxe, que terá recoñecemento xurídico. O proxecto, elaborado pola Consellaría de Medio Ambiente, servirá de marco de referencia para todas as lexislacións que poidan alterar dalgún xeito as paisaxes, principalmente as de alto valor natural e cultural.
Continua leyendo »

Chegou o Emir

emir touriñoPois parece que o novo Emir das Terras Galegas vainos visitar. Multitude de policías, operarios limpando as rúas en día de choiva e máquinas traballando a reo para asfaltar as tan bacheadas rúas de entrada a Baiona.

¿Seica ven visitarnos o Rei ou que? Pois non, resulta que o Presidente da Xunta é a tan insigne figura que vai ter a honra de pasarse pola nosa vila (¿ou era ao revés?).

Algúns pensabamos que as pompas e preparativos que antecedían á figura do Señor Fraga eran xa anécdotas do pasado. Que desengano tan tremendo. Outra vez será.

Se nada cambia…

pxom baionaO vindeiro Pleno debería de ser o primeiro Xoves do mes de Abril, quer dicir, o 3 de Abril. E, segundo se dí, o prazo de entrega por parte da Xunta dos textos do PXOM se esgotaba logo da Semana Santa. ¿Sorprenderanos o Goberno Municipal coa aprobación provisional do PXOM para a súa exposición neste Pleno ou na Xunta o tema dos plazos é unha cousa irrelevante? Continua leyendo »

Inseguridade, e van…

atropelloHoxe nos enteramos de que novamente se produciu un atropello na Avenida Monterreal. Os datos non nos permiten aclarar se foi por causa da invasión da calzada por parte do peón ou se trata dun novo caso de perigo nos pasos sinalizados.

O caso é que xa tiñamos falado do problema e desde o Goberno Municipal siguen sen aportar solucións. ¿Canto tempo temos que agardar para que se realice unha actuación ao respecto? Continua leyendo »

Peixe, peixiño

praza abastos baionaE siguen os comerciantes da praza de abastos cos seus problemas. Se non é unha cousa é outra. Primeiro a venda ambulante, que sigue sen solucionarse por inacción do Goberno Municipal e agora as sempre molestas obras. ¿Ten futuro a praza de abastos como tal? Continua leyendo »

Sabarís R.I.

sabarisA pequeña reseña que onte apareceu no Faro de Vigo semella a típica que se publica para enches ocos, pero nos pode levar a algunha reflexión.

Logo da saturación urbanística producida no casco urbano de Baiona, a presión constructiva foise desprazando progresivamente cara a Sabarís. Continua leyendo »