Pois resulta que a alguén se lle ocurriu a brillante idea de facer unha festa opositora á Feira de Abril. Haberá que ver en qué desencadea isto, agardamos en que non sexa un intento por reventar un acto organizado polo Concello e se quede en ofertar unha alternativa á oferta municipal existente, outro modo de ver as cousas, pero que non socave a libre elección de cada quen.
Non podemos deixar de sinalar que detrás desta Asociación Cultural que xurde para celebrar un serán á beira do mar non cabe dúbida que está a man (máis...)
chúzame -
posted by baionaconsciente at 10:38

Pois pode que nadie se dea conta ao sair ás rúas de Baiona, pero hoxe é un día moi importante, porque se conmemora o Día do Libro. Todos deberiamos ir ás nosas librerías e mercar ún, mercarlle outro á nosa parella e tamén un máis a cada fillo, no seu caso.
A relación entre nivel de lectura e preparación xeral da persoa está moi relacionado. Se non lemos quedámonos atrás. (máis...)
chúzame -
posted by baionaconsciente at 10:23
Seica a celebración da Feira de Abril orixinou uha reacción inusitada na rede. En Chuza!, a nova estaba entre as máis vistas de onte e entre as máis comentadas. Mesmo algúns chuceiros insinúan a posibilidade de organizar algunha contestación durante esta fin de semana.
A desidia na organización de eventos en días destacados do noso calendario e o pouco apoio ás iniciativas culturais xurdidas de colectivos veciñais semella ser o desencadeante. (máis...)
chúzame -
posted by baionaconsciente at 9:41
Alá polo pasado mes de Outubro xa tiñamos comentado que a opción perfecta para Baiona era integrarse na rede galega de galescolas. As razóns xa as expuxemos naquela anotación e o tempo deunos a razón.
Nengún Alcalde con cinco sentidos podería negarse a que a Administración Autonómica xestionase o funcionamento dunha gardería que somentes tiña como opción a concesión en concurso público. (máis...)
chúzame -
posted by baionaconsciente at 11:25
posted by baionaconsciente at 7:52
Saudamos con ledicia o nacemento dun novo blogue no Val Miñor. Desta vez trátase de http://gondomarceive.blogspot.com/ e moito nos tememo que xurde debido ao non pacto de goberno entre o BNG e o PSOE. Observemos cómo evoluciona e decidiremos se ten futuro a cousa.
De todos os xeitos, saudos e felicitacións pola iniciativa. (máis...)
chúzame -
posted by baionaconsciente at 8:58
Nestes días de treboadas e fortes rachas de vento, pensamos falar doutro tipo de tempos, daqueles que marcan os políticos para facer declaracións ou realizar roldas de prensa cando non toca.
Xa o vimos co caso da Doca, na que o Alcalde de Baiona prefire anular unha cita co Presidente de Portos por culpa dun cartel colocado precisamente por Portos (¿?). Pero tamén sucede cando se anuncian a bombo e platillo unhas obras de comunicación a través da Autoestrada en período preelectoral e non se acorda o convenio con Autoestradas ata Abril. (máis...)
chúzame -
posted by baionaconsciente at 10:11