Esta web apoia a Isaac Diaz Pardo Baiona Consciente » 2008 » maio

Baiona Consciente

Pretendemos crear consciencia política ao común da xente de Baiona - “Un blog que non é do BNG” S. Almuiña (Alcalde de Baiona)

sábado, maio 24, 2008

A falacia da Comunidade Pobre

cartosExtraido do blogue Gondomar Ceive.

Interesante reflexión sobre a lenda urbana de que como Galicia é unha terra pobre e dependente da axuda do Estado, os  argumentos nacionalistas non teñen sentido.

Máis que o dano económico, o peor é o dano é á nosa autoestima como pobo rico que pensa que é pobre. (máis...)

Chuzame! chúzame -
posted by baionaconsciente at 12:32  

venres, maio 23, 2008

Inversións. Non se pode decir que non

cntro de diaHai uns días o Vicepresidente da Xunta lanzou un órdago a varios alcaldes díscolos e a xogada saiulle ben. Desde aquela coñéceselle como "O Padriño de Allariz", aquél que lanza ofertas que non se poden rexeitar. O noso Alcalde non quere ser menos e quedar fóra da "familia" e aceptou a Galescola e o Centro de Día. (máis...)

Chuzame! chúzame -
posted by baionaconsciente at 19:45  

xoves, maio 22, 2008

O cancro que non desaparece

drogasOnte poidemos ler na Voz de Galicia que un baionés foi condeado a tres anos de cárcere por tráfico de drogas. O eterno problema que destroza á xuventude. Non só polo consumo senón pola suxerente posibilidade de diñeiro rápido.

Normalmente o pequeno tráfico de drogas xurde como financiamento do propio consumo. ¿E que non podemos parar esta lacra de ningunha forma? ¿Non perdimos suficientes xeracións? (máis...)

Chuzame! chúzame -
posted by baionaconsciente at 12:47  

mércores, maio 21, 2008

Acércase o Verán

criseA pesares de que un día chove e ao otro estase para ir á praia, o caso é que o Verán xa está ás portas. Nun mes Baiona estará cheo de visitantes agradecidos, quizáis en menor número debido ao momento de crise ou anticrise que estamos a vivir.

O sector da hostelería agarda con impaciencia, os promotores anda tamén con esperanza de que despunten as ventas, xa non digamos aqueles particulares que se embarcaron na aventura da especulación. Pero o caso é que, coma sempre, farán negocio os supermercados e os bares de praias. Non hai moitos cartos e os que hai téñense que administrar sabiamente. (máis...)

Chuzame! chúzame -
posted by baionaconsciente at 10:10  

martes, maio 20, 2008

¿Qué pasa co PXOM?

BaionaFinalmente o PSOE baionés tenta azuzar ao Goberno Municipal para que se molle co PXOM. No seu blogue colgaron un comunicado sobre o tema, dando o seu punto de vista. Desde que se presentou nada sabemos da opinión que ten o PP e o "outro" do texto presentado. Pode ser bo  ou malo aos seus ollos, pero nadie coñece a súa postura. (máis...)

Chuzame! chúzame -
posted by baionaconsciente at 10:15  

luns, maio 19, 2008

Alternativa Cultural

dia das letras galegasA Asociación Cultural O Ximbaleu voltou á palestra no Día das Letras Galegas, organizando un acto de lectura pública no Casco Vello de Baiona. Lamentablemente non poidemos publicitalo no seu debido momento porque non tiñamos coñecemento de tal acto. Igual esta asociación debería comezar a empregar as ferramentas dixitais e abrir unah web ou blogue, tan de moda últimamente no noso concello. Tendencia que, modestamente, abriu Baiona Consciente. (máis...)

Chuzame! chúzame -
posted by baionaconsciente at 9:50  

domingo, maio 18, 2008

“O merlo poeta”. X. M. Álvarez Blázquez

Chuzame! chúzame -
posted by baionaconsciente at 8:25  
« Previous PageNext Page »

Xestionado con WordPress