Máis na Peneira Dixital.
chúzame - Pretendemos crear consciencia política ao común da xente de Baiona - “Un blog que non é do BNG” S. Almuiña (Alcalde de Baiona)
Unha nova polémica entra na actualidade baionesa. ¿É adecuada a area do Miño para a praia da Ribeira? Como todo o mundo sabe, todos os baioneses teñen titulación medio ambiental para concluir que unha area escurecida pola humidade non é adecuada para as nosas praias. (máis...)
chúzame -
Onte tentamos falar da nova que hoxe se publicou na Voz de Galicia, pero non puidemos porque non atopamos reseña algunha na prensa dixital, somentes un breve comentario na Radio Galega, que non se viu reflexada na súa edición en internet. O tópico de que a radio sempre chega antes que os demáis medios de comunicación vóltase a cumprir. Será o medio de prensa eterno, que sobrevivirá a todos os avances tecnolóxicos en centos de anos, xustamente pola súa rapidez e versatilidade. (máis...)
chúzame -
Outra das conclusións que sacou o PSOE baionés é que a previsión de crecemento poboacional presentado nos documentos do PXOM é desproporcionado, e acerta ao cento por cento. ¿Cómo podemos entender que a poboación de Baiona se duplique se a tendencia actual é que a xente moza se marcha do noso concello porque non teñen onde vivir?
O PXOM non establece un plan de apoio á vivenda residencial máis aló de reservar un 30% de vivenda protexida, aínda que finalmente pode que baixe. Haberá que ler a nova Lei de Vivenda. A pregunta é ¿qué razóns ten alguén para vir ou quedarse a vivir en Baiona? (máis...)
chúzame -
O PSOE baionés vén de publicar un novo boletín, desta vez cáseque monotemático sobre o Plan Xeral presentado hai xa uns meses. Despáchanse a gusto coa proposta e nótase que teñen os deberes feitos, ainda que teñan algunhas inexactitudes.
Como nós non somos expertos na materia e non nos adicamos precisamente a bucear entre centros de datos estatísticos e urbanísticos, non podemos plasmar en números as conclusións de examinar un documento tan denso coma é o Plan Xeral, mais sí que podemos tirar conclusións dunha mirada máis xenérica. (máis...)
chúzame - Aduladores do franquismo e guerracivilistas campan ás súas anchas entre nós. Non debemos menosprecialos, porque o que hoxe é un freak televisivo mañá pode ser a man executora da barbarie.
chúzame - Xestionado con WordPress