Archivos en el mes de Xuño del 2008

Parque eólico offshore en North Hoyle

[gv data=”1_uezuWLpPU” width=”425″ height=”350″][/gv]

Trátase de enerxía renovable, mais ¿é sostible? En North Hoyle semella que sí.

Oia e A Guarda poden ter parques eólicos “offshore”

offshoreMáis na Peneira Dixital.

Areas movedizas

pala na praiaUnha nova polémica entra na actualidade baionesa. ¿É adecuada a area do Miño para a praia da Ribeira? Como todo o mundo sabe, todos os baioneses teñen titulación medio ambiental para concluir que unha area escurecida pola humidade non é adecuada para as nosas praias. Continua leyendo »

A radio sempre é máis rápida que a prensa escrita

europarcOnte tentamos falar da nova que hoxe se publicou na Voz de Galicia, pero non puidemos porque non atopamos reseña algunha na prensa dixital, somentes un breve comentario na Radio Galega, que non se viu reflexada na súa edición en internet. O tópico de que a radio sempre chega antes que os demáis medios de comunicación vóltase a cumprir. Será o medio de prensa eterno, que sobrevivirá a todos os avances tecnolóxicos en centos de anos, xustamente pola súa rapidez e versatilidade. Continua leyendo »

Crecemento poboacional en Baiona

especulacionOutra das conclusións que sacou o PSOE baionés é que a previsión de crecemento poboacional presentado nos documentos do PXOM é desproporcionado, e acerta ao cento por cento. ¿Cómo podemos entender que a poboación de Baiona se duplique se a tendencia actual é que a xente moza se marcha do noso concello porque non teñen onde vivir?

O PXOM non establece un plan de apoio á vivenda residencial máis aló  de reservar un 30% de vivenda protexida, aínda que finalmente pode que baixe. Haberá que ler a nova Lei de Vivenda. A pregunta é ¿qué razóns ten alguén para vir ou quedarse a vivir en Baiona? Continua leyendo »

Reflexións socialistas sobre o PXOM

leiraO PSOE baionés vén de publicar un novo boletín, desta vez cáseque monotemático sobre o Plan Xeral presentado hai xa uns meses. Despáchanse a gusto coa proposta e nótase que teñen os deberes feitos, ainda que teñan algunhas inexactitudes.

Como nós non somos expertos na materia e non nos adicamos precisamente a bucear entre centros de datos estatísticos e urbanísticos, non podemos plasmar en números as conclusións de examinar un documento tan denso coma é o Plan Xeral, mais sí que podemos tirar conclusións dunha mirada máis xenérica. Continua leyendo »

Ollo, aínda quedan moitos

[gv data=”GwG6TgPkd-g” width=”425″ height=”350″][/gv]

Aduladores do franquismo e guerracivilistas campan ás súas anchas entre nós. Non debemos menosprecialos, porque o que hoxe é un freak televisivo mañá pode ser a man executora da barbarie.