Archivos en el mes de Xullo del 2008

Hoxe hai Pleno

democracia participativaHoxe tiñamos a intención de comentar a última Manolada (grazas Xan pola idea), pero quixeramos extender o aviso que nos fixo María nos comentarios de onte. Hoxe hai Pleno, aínda que non sabiamos a orde do día ata que a recibimos por parte do portavoz do grupo municipal socialista, Rafa Lores. Ésta é a seguinte: Continua leyendo »

Baiona esquilmada

balanceHoxe amanecimos lendo unha interesante nova no Faro de Vigo no que se nos indicaba que 36 concellos galegos se atopan en perigo de insolvencia financiera. Non dubidábamos que neste selecto clube Baiona ía estar, e dimos no cravo. Efectivamente, dos once concellos de entre 10.000 e 20.000 habitantes Baiona colócase como único representante digno do Val Miñor. Ignoramos se Nigrán e Gondomar están entre os 50 concellos que non presentaron as contas para o seu análise. Continua leyendo »

Animando o Verán

praia ladeiraHai veces que temos dúbidas de si poderemos manter o ritmo de actualización do noso blogue. Realizar unha anotación diaria, exceptuando os días festivos, pode chegar a ser algo moi difícil se o tema único do mesmo é a actualidade baionesas. Ao fin e ao cabo somentes somos uns once mil habitantes.

Pero grazas aos políticos que podemos… ¿disfrutar? a actualidade baionesa renóvase contínuamente. A ironía do título quitóunola hoxe o corresponsal do Faro de Vigo, pero non por iso imos cexar no noso empeño de ver todo o que nos rodea con certo sorriso nos beizos. Continua leyendo »

Folgas a distinto nivel

lixo en baionaMoito se ten falado da folga do lixo en Nigrán, deses infaustos dez días que fixeron que se retiraran as tres bandeiras azuis das súas prais. Os periódicos máis lidos no Val Miñor seguían día sí e día tamén os atrancos e incidencias da folga, ata a súa satisfactoria resolución. Tentados estivemos de ironizar co tema, pero xa era un xiro dramático empregado anteriormente e, ademáis, iamos errar soberanamente. Continua leyendo »

Miseria humana

[gv data=”k4tjn3VVPis” width=”425″ height=”350″][/gv]

Ás veces escoitamos argumentos xenófobos e despectivos hacia certas étnias ou nacionalidades pola forma particular que teñen de entender a vida, pero o certo é que a mortos de fame e ladróns non nos hai quen gañe. Se vostede quere desfacerse de calqueira cousa inútil ten dúas opcións: colocarlle un candado e deixalo en medio da rúa ou ir a unha feira calqueira e ofrecelo como agasallo.

Movida movida

noitebusDe todos é coñecida a permanente peregrinaxe que se produce as fins de semana cara os concellos costeiros, onde a vida nocturna eclosiona en todo o seu esplendor durante a temporada veraniega. A Xunta de Galicia leva un tempo desenrolando o proxecto coñecido como o “noitebus”, para disfrute da rapazada e padecimento dos empregados, neste caso, de ATSA.

Pois resulta que o noso benquerido Alcalde solicitou á Xunta á súa eliminación, como ben puidemos ler na Voz de Galicia. Unha de dúas, ou a súa candidez faille pensar que eliminando o Noitebus deixarán de vir mozos a celebrar o botellón en Baiona, ou continúa coa súa táctica de boicotear todo o que cheire a Xunta, no convencimento de que esta actitude terá rédito electorais. Continua leyendo »

Outro eco do pasado Pleno

pxom baionaResulta que no Pleno deste mes levouse a aprobación unha modificación do PXOU do 95. A nadie parece importarlle a incongluencia de que se tramite unha modificación dun Plan Xeral que está esgotado e que ¿pronto? acabará solapado pola aprobación dun novo texto urbanístico.

Pode que se trate de dar cumprida resposta ás necesidades dun caso en particular, do cal nestes momentos non temos coñecemento. Continua leyendo »