Esta web apoia a Isaac Diaz Pardo Baiona Consciente » 2008 » agosto

Baiona Consciente

Pretendemos crear consciencia política ao común da xente de Baiona - “Un blog que non é do BNG” S. Almuiña (Alcalde de Baiona)

venres, agosto 22, 2008

O malo que non era tan malo

Rectificar é de sabios e completar a información responsabilidade daquel que pretende ser obxectivo nas súas reflexións. E no caso de hoxe debemos completar e recitificar ao mesmo tempo.

A finais de Xullo, na nosa anotación titulada Animando o Verán, falabamos da retirada das instalacións de Punto Pasión na Ladeira. (máis...)

Chuzame! chúzame -
posted by baionaconsciente at 11:20  

xoves, agosto 21, 2008

O embudo coma forma de vida

Agora que os besbellos da internet e a informática nos permiten voltar a escribir, agora que blogaliza xa ten asentada a nova versión de Wordpress, agora podemos voltar a falar tranquilamente dos problemas e bondades que nos ofrece o día a día de Baiona. Menos mal que os nosos baionaconscienteiros permiten que o debate manteña viva o lume da polémica ou o debate porque hai de qué falar, ainda que comecemos falando dun compositor popular e rematemos abordando a cuestión das promesas electorais. (máis...)

Chuzame! chúzame -
posted by baionaconsciente at 21:03  

martes, agosto 19, 2008

Día do turista

E como xa é tradicional desde que no 2005 o sempre inxenioso Chicho se sacase da chisteira esta festa "porque sí", mañá teremos unha nova edición do "Día do Turista". Básicamente consiste en pagar a un famosillo que se deixa caer habitualmente por Baiona para que salga nalgún cartel publicitario e diga unhas verbas aos que nos visitan. Vamos, un pouco como a publicidade de Muebles Tuco, pero na versión turística. (máis...)

Chuzame! chúzame -
posted by baionaconsciente at 9:41  

luns, agosto 18, 2008

Todo sigue igual, ainda que non o pareza

Debido á migración que está a realizar blogaliza da versión anterior de Wordpress á actual, Baiona Consciente mudará temporalmente de aspecto, o que non quere decir máis que iso. Agardamos que pronto se solucionen os inconvintes que veñen acaecendo nestes días.

Disculpade as molestias que vos poida ocasionar.

Chuzame! chúzame -
posted by baionaconsciente at 19:21  

luns, agosto 18, 2008

Botando papo todo o día

Nestes momentos os listiños de turno apúntanse ao suposto inxenio que en realidade non se trata máis que de caradura e "espabiladismo". Aparcan en lugares onde outros, empregando a lóxica, descartaron facelo. E o caso da rampa no porto baionés é o máis significativo de cantos hai no nosos concello.

(máis...)

Chuzame! chúzame -
posted by baionaconsciente at 9:33  

domingo, agosto 17, 2008

Fogos de luces nas festas baionesas

Interesante e habitual infracción de tráfico ao final do vídeo.

Chuzame! chúzame -
posted by baionaconsciente at 11:03  

sábado, agosto 16, 2008

Patxi “O Bocas”

salvapatriasNunca un Conselleiro de Medio Ambiente tiña sido tan belixerante cos críticos. Tamén é certo que os ecoloxistas nunca tiveron sido tan críticos cun Conselleiro que polo menos vai avanzando no respeto medio ambiental. É certo que o plano acuícola non é perfecto e que a ampliación da Rede Natura "esquiva" certos problemas (ver informe de ADEGA e o punto de vista do BNG baionés). Claro que o BNG non debe tirar balóns fóra, a Consellería de Industria é nacionalista.

Desenrolo sostible é sinónimo de encontro na encrucillada, boa nota deberían tomar tanto "Patxi" Vázquez coma os grupos ecoloxistas.

Ver a raxada do Conselleiro en A Nosa Terra, o argumento "son uns salvapatrias baratos" non semella moi sólido. Diálogo, por favor.

Chuzame! chúzame -
posted by baionaconsciente at 10:07  
« Previous PageNext Page »

Xestionado con WordPress