Archivos en el mes de Setembro del 2008

En colectivo, ¿mellor?

Agora vai ao asalto da Área Metropolitana o colectivo veciñal vigués. PP e BNG os apoian e ao señor Caballero debe darlle reparo sacarse a foto con eles, logo da revolta polo do Plan Xeral, porque no fondo está coa reclamación veciñal. Igual se lle baixan os fumes ao Alcalde de Vigo cando veña unha sentencia xudicial anulando o texto urbanístico. Continua leyendo »

Fuga de talentos

Esa característica falta de autoestima que caracteriza aos baioneses, que fai que sempre nos referenciemos con Vigo por mór de que o interlocutor extranxeiro non sepa onde queda a nosa vila mariñeira, sempre nons impediu recoñecer os enormes potenciais do noso concello e dos nosos veciños. Así, si un político local vende un proxecto, rímonos na súa cara e mirámolo con incredulidade, Continua leyendo »

A descoñecida razón da crise alimentar

[gv data=”bADY8TtQflE” width=”425″ height=”350″][/gv]

Calidade fronte a cantidade

Aproveitando a ponte que orixinou a festa de San Cosme e San Damián para tomarnos uns días de relaxación lonxe dos ecos da política municipal e pouco despois de iniciarse o novo ano político, permitímonos reflexionar sobre feitos ou aconteceres que si ben afectan á clase política en xeral, vemos con preocupación como acentúan as graves deficiencias da calidade dos nosos representantes no Concello.

É un feito que temos unha excesiva representación política para a nosa extensión xeográfica e poboacional. Continua leyendo »

Sabarís tamén é Baiona

E para que os baioneses se dean conta de que no Concello son conscientes delo, pois publican un concurso de ideas, sen fondos iso sí, que non se perda a tradición de vender fume en precampaña. É curioso ver como as veces que un político dí as verbas “pór en valor” e “humanizar” se incrementa dunha forma inversamente proporcional aos días que quedan para a data duns comicios electorais. Continua leyendo »

Ánimo Pepe

Hoxe soubemos dunha nova que nos deixou consternados. A voz de Baiona sufriu un infarto, está hospitalizado e á espera de entrar en quirófano para seren operado. Vaia desde Baiona Consciente unha afectuosa aperta, Pepe. Agardamos que podas voltar en breve ás nosas rúas, sen tí Baiona quedaría muda. Continua leyendo »

Urbanizando o monte

Primeiro querían pistas de oito metros para chegar aos muiños de vento, logo inzar o mar de embarcacións recreativas e agora saen coa idea de asfaltar unha pista porque seica que hai quen vive en San Cosme. Os irrespetuosos co medio non paran de esquencer o importante que é o respeto ao medio ambiente e que debemos adecuarnos a uns mínimos e máximos na relación coa natureza que nos rodea. Continua leyendo »