Esta web apoia a Isaac Diaz Pardo Baiona Consciente » 2008 » setembro

Baiona Consciente

Pretendemos crear consciencia política ao común da xente de Baiona - “Un blog que non é do BNG” S. Almuiña (Alcalde de Baiona)

venres, setembro 19, 2008

Os vellos que esperen

Primeiro a Galescola e agora o Centro de Día, ou no Concello hai un gafe ou a adxudicación de obras en Baiona é máis que deficiente. As obras do Centro de Día está paradas porque a empresa constructora acolleuse ao procedemento concursal. Hai dous días o BNG xa o denunciou no seu blogue.

Este feito non debería ser constitutivo de preocupación, xa que moitas empresas atravesaron este bache e remataron o mesmo saneadas, renovadas e dispostas a continuar coa súa labor empresarial. (máis...)

Chuzame! chúzame -
posted by baionaconsciente at 11:12  

xoves, setembro 18, 2008

Privatización como medio de vida

E, como non,o Goberno Municipal volta á palestra coa súa polémica habitual. Non daremos falado de todos os problemas que se crean artificialmente en Baiona como as cousas sigan así. A novidade chámase privatización da xestión das escolas deportivas e xa o denunciou o BNG mediante un comunicado de prensa, que podemos ler no seu blogue. (máis...)

Chuzame! chúzame -
posted by baionaconsciente at 20:08  

mércores, setembro 17, 2008

Primeiro tema de precampaña

E hoxe contraataca o BNG cunha nota de prensa asinada polo seu portavoz municipal. Púxollo fácil o Alcalde, como puidemos ver na anotación e comentarios de onte. Que o Partido Popular e, particularmente, o señor Almuiña se erixan agora como adalides da vivenda protexida non pode ter máis acusación que a de hipocresía ao cubo. (máis...)

Chuzame! chúzame -
posted by baionaconsciente at 19:17  

martes, setembro 16, 2008

Xogando á pelota co urbanismo

Non hai nada como ter distintas Administracións Públicas de distinta cor. Os políticos poden estar pasándose a pelota duns a outros namentres os cidadáns asisten estupefactos ao número circense, iso sí, sin que os seus problemas queden resoltos. Hoxe tócanos co tema do urbanismo e a vivenda. Para máis inri temos un Alcalde do PP, unha delegada provincial de Política Territorial baionesa e do PSOE e un delegado provincial de vivenda que vivía en Baiona, nacionalista. (máis...)

Chuzame! chúzame -
posted by baionaconsciente at 19:24  

luns, setembro 15, 2008

Área metropolitana

Visto a multitudinaria manifestación desta fin de semana en Gondomar polo do Vigo Integra e a que se convocou pola demagóxica plataforma de afectados polo carril bici o que temos claro é que o camiño cara unha Área Metropolitana ao redor de Vigo ainda queda moi lonxe de entrarnos na cabeza. (máis...)

Chuzame! chúzame -
posted by baionaconsciente at 20:28  

domingo, setembro 14, 2008

Probas de que Deus non existe

Iniciamos unha serie de vídeos que tentan deixar claro que Deus non existe e que a relixión non é máis que un anacronismo no século XXI.

Chuzame! chúzame -
posted by baionaconsciente at 11:09  

venres, setembro 12, 2008

¿Calma chicha ou a que vén antes da tempestade?

A verdade é que onte mesmo non chegamos a escribir a habitual anotación diaria por medo a escribir sen decir nada. Hoxe tampouco é que teñamos un tema de rabiosa actualidade, pero un comentario da rúa levounos a unha conclusión: ¿non ten que haber pleno a primeiros de mes?

Nin goberno nin oposición falaron do asunto, pode que porque veñen os xefes de Santiago e andan a pensar máis no autobús multicolor, nas visitas da que expropia ou do bombeiro con mangueiriña e zapatos de pel. (máis...)

Chuzame! chúzame -
posted by baionaconsciente at 20:41  
« Previous PageNext Page »

Xestionado con WordPress