Archivos en el mes de Setembro del 2008

Os vellos que esperen

Primeiro a Galescola e agora o Centro de Día, ou no Concello hai un gafe ou a adxudicación de obras en Baiona é máis que deficiente. As obras do Centro de Día está paradas porque a empresa constructora acolleuse ao procedemento concursal. Hai dous días o BNG xa o denunciou no seu blogue.

Este feito non debería ser constitutivo de preocupación, xa que moitas empresas atravesaron este bache e remataron o mesmo saneadas, renovadas e dispostas a continuar coa súa labor empresarial. Continua leyendo »

Privatización como medio de vida

E, como non,o Goberno Municipal volta á palestra coa súa polémica habitual. Non daremos falado de todos os problemas que se crean artificialmente en Baiona como as cousas sigan así. A novidade chámase privatización da xestión das escolas deportivas e xa o denunciou o BNG mediante un comunicado de prensa, que podemos ler no seu blogue. Continua leyendo »

Primeiro tema de precampaña

E hoxe contraataca o BNG cunha nota de prensa asinada polo seu portavoz municipal. Púxollo fácil o Alcalde, como puidemos ver na anotación e comentarios de onte. Que o Partido Popular e, particularmente, o señor Almuiña se erixan agora como adalides da vivenda protexida non pode ter máis acusación que a de hipocresía ao cubo. Continua leyendo »

Xogando á pelota co urbanismo

Non hai nada como ter distintas Administracións Públicas de distinta cor. Os políticos poden estar pasándose a pelota duns a outros namentres os cidadáns asisten estupefactos ao número circense, iso sí, sin que os seus problemas queden resoltos. Hoxe tócanos co tema do urbanismo e a vivenda. Para máis inri temos un Alcalde do PP, unha delegada provincial de Política Territorial baionesa e do PSOE e un delegado provincial de vivenda que vivía en Baiona, nacionalista. Continua leyendo »

Área metropolitana

Visto a multitudinaria manifestación desta fin de semana en Gondomar polo do Vigo Integra e a que se convocou pola demagóxica plataforma de afectados polo carril bici o que temos claro é que o camiño cara unha Área Metropolitana ao redor de Vigo ainda queda moi lonxe de entrarnos na cabeza. Continua leyendo »

Probas de que Deus non existe

[gv data=”iU4iZGOrURA” width=”425″ height=”350″][/gv]

Iniciamos unha serie de vídeos que tentan deixar claro que Deus non existe e que a relixión non é máis que un anacronismo no século XXI.

¿Calma chicha ou a que vén antes da tempestade?

A verdade é que onte mesmo non chegamos a escribir a habitual anotación diaria por medo a escribir sen decir nada. Hoxe tampouco é que teñamos un tema de rabiosa actualidade, pero un comentario da rúa levounos a unha conclusión: ¿non ten que haber pleno a primeiros de mes?

Nin goberno nin oposición falaron do asunto, pode que porque veñen os xefes de Santiago e andan a pensar máis no autobús multicolor, nas visitas da que expropia ou do bombeiro con mangueiriña e zapatos de pel. Continua leyendo »