Archivos en el mes de Outubro del 2008

Blogs e webs dos nosos políticos, ¿péchase o círculo?

Nos inicios de BC, concretamenta na nosa cuarta anotación, fixemos unha reflexión sobre a presencia dos partidos políticos baioneses na rede e o resultado era certamente desalentador, incluso voltamos a reflexionar sobre o tema cando o PSOE se lanzou a empregar as ferramentas dixitais para expandir o seu traballo. Continua leyendo »

¡¡¡EXCOMUNIÓN!!! (e 2)

Onte comentabamos que o BNG de Baiona plantexaba asinar un convenio para que a finca do convento das monxas fora considerado zona de uso público, conservando as murallas que a rodean. E non nos paramos a analizar a proposta, centrándonos na torpeza de incluir nas mesmas alegacións ataques directos aos hoteis de Ezequiel Simóns (e iso poderá dar a outra anotación, de seguro). Continua leyendo »

¡¡¡EXCOMUNIÓN!!!

¡Qué vergonza!, pero hai que ver qué cara teñen algúns. Nin facendo o camiño de Santiago recibirán o perdón do Noso Deus Todopoderoso. ¿Cómo pode ser que hoxe en día haxa alguén que se plantexe roubarlle as terras honradamente gañadas ás pobres monxas de clausura do Convento de Baiona? Continua leyendo »

Día da Lura

Xa había días que do Concello de Baiona non saía ningunha nova interesante e sen tempo non era, a piques estivemos de pensar que non había Goberno Municipal ou que polo menos se foran de vacacións. Pero estabamos enganados, oq ue pasaba era que estaban a darlle voltas á cabeza en busca do Santo Grial: a desestacionalización do turismo. Continua leyendo »

¿Proximidade dos cercanías?

A mediados deste mes, na sección de Veciños e non tan veciños dos Sábados, -->

Alternativas a productos de limpeza tóxicos

[gv data=”j6POjWSa9f0″ width=”425″ height=”350″][/gv]

Lenta burocracia e rápidas ferramentas

Efectivamente, como ben dixo no día de onte algún dos nosos ilustres Conscientes Baioneses, a última acta do Pleno Municipal publicada na web do Concello é do pasado Maio. Dín que as cousas de palacio van despacio, mais si a acta do Pleno anterior lese no seguinte, o normal sería que a mesma sufrise como muito un retraso de dous meses (un mes ata a ratificanción en Pleno e outro para engadir as modificacións solicitadas, sendo xenerosos). O procedemento desde o remate definitivo da mesma ata a súa publicación na web non debería ser moi longo, ¿ou non ten ADSL o Concello? Continua leyendo »