O Señor Sebastián e o Señor Touriño sáennos agora coa salvación do mercado do automóvil. Pero resulta que esa alternativa xa existiu, o documental "¿Quén matou ao coche eléctrico?" explica porqué. En Youtube aparece dividido en 9 partes, da que deixamos a primeira, podendo continuar ata o final a través dos videos relacionados.
¿E non sería mellor apostar polo transporte público?
chúzame -
posted by baionaconsciente at 9:38
O presunto Defensor do Pobo Español, Enrique Múgica, nun dos seus habituais ramalazos de idocia que nos fan pensar que igual ése é o seu estado natural de consciencia, voltou a montar un cirio de cuidado ao chamar idiotas aos antitouradas, polo simple feito de non compartir con él unha suposta "afición" á visualización da matanza de animais. (máis...)
chúzame -
posted by baionaconsciente at 14:37
Os capítulos entorno ao PXOM de Baiona non teñen fin, cada día unha revisión máis sobre as delimitacións urbanizables. Desta vez toca falar das áreas de reparto nas zonas costeiras, as xoias da coroa de calqueira vila costeira.
En Sabarís temos dúas que son obxecto de polémica porque a delimitación de costas poden afectar, pero o problema é que hai confusión sobre si realmente lles afecta ou non. (máis...)
chúzame -
posted by baionaconsciente at 22:17
Mirade que é casualidade que xusto cando se aproba o PXOM inicialmente a Consellería de Política Territorial envíe urxentemente, por fax e rondando as tres da tarde, o informe que debería ter presentado hai polo menos seis meses. Un defenderán a capa i espada que a Xunta reaccionou rápidamente ao órdago do Concello, namentres que outros argumentarán que sabendo o Alcalde que o informe chegaría máis cedo que tarde fixo unha maniobra de oportunismo dos que nos ten acostumbrados. (máis...)
chúzame -
posted by baionaconsciente at 18:38
O Plan Director das Dominicas que encargaron elas mesmas para asegurar a pervivencia do convento concluiu que hai que diversificar usos, que iso de empregar tantas instalacións para tan pouca xente non debe ser moi eficiente. (máis...)
chúzame -
posted by baionaconsciente at 21:43
E xusto cando semellaba que nadie recollía o reto da transparencia, vai o BNG e lanza a súa propia radio por internet. Unha iniciativa non só transparente senón pioneira e nunha firme aposta polas novas tecnoloxías. E dan o pistoletazo inicial publicando a través deste medio o Pleno Extraordinario no que se aprobou inicialmente o PXOM. (máis...)
chúzame -
posted by baionaconsciente at 19:42
Nestes días podiamos ler na prensa que todos os grupos políticos desexaban o consenso entorno ao PXOM, pero iso sí, o PXOM ía a Pleno somentes cos votos favorables do equipo de goberno. Hoxe o PSOE desmárcase da moderación do discurso e directamente descalifica o texto inicialmente aprobado, centrando a súa crítica nunha suposta "precipitación que supón adiantarse nunha carreira contra o reloxo". (máis...)
chúzame -
posted by baionaconsciente at 21:31