Archivos en el mes de Novembro del 2008

¿Quén matou ao coche eléctrico?

O Señor Sebastián e o Señor Touriño sáennos agora coa salvación do mercado do automóvil. Pero resulta que esa alternativa xa existiu, o documental “¿Quén matou ao coche eléctrico?” explica porqué. En Youtube aparece dividido en 9 partes, da que deixamos a primeira, podendo continuar ata o final a través dos videos relacionados.

¿E non sería mellor apostar polo transporte público?

[gv data=”qru0TkPnbwg” width=”425″ height=”350″][/gv]

Non todos poden mexar fora do tiesto

O presunto Defensor do Pobo Español, Enrique Múgica, nun dos seus habituais ramalazos de idocia que nos fan pensar que igual ése é o seu estado natural de consciencia, voltou a montar un cirio de cuidado ao chamar idiotas aos antitouradas, polo simple feito de non compartir con él unha suposta “afición” á visualización da matanza de animais. Continua leyendo »

Máis dudas sobre o PXOM

Os capítulos entorno ao PXOM de Baiona non teñen fin, cada día unha revisión máis sobre as delimitacións urbanizables. Desta vez toca falar das áreas de reparto nas zonas costeiras, as xoias da coroa de calqueira vila costeira.

En Sabarís temos dúas que son obxecto de polémica porque a delimitación de costas poden afectar, pero o problema é que hai confusión sobre si realmente lles afecta ou non. Continua leyendo »

Acción-Reacción

Mirade que é casualidade que xusto cando se aproba o PXOM inicialmente a Consellería de Política Territorial envíe urxentemente, por fax e rondando as tres da tarde, o informe que debería ter presentado hai polo menos seis meses. Un defenderán a capa i espada que a Xunta reaccionou rápidamente ao órdago do Concello, namentres que outros argumentarán que sabendo o Alcalde que o informe chegaría máis cedo que tarde fixo unha maniobra de oportunismo dos que nos ten acostumbrados. Continua leyendo »

Coa igrexa topamos

O Plan Director das Dominicas que encargaron elas mesmas para asegurar a pervivencia do convento concluiu que hai que diversificar usos, que iso de empregar tantas instalacións para tan pouca xente non debe ser moi eficiente. Continua leyendo »

Radio BNG – Pleno Baiona

E xusto cando semellaba que nadie recollía o reto da transparencia, vai o BNG e lanza a súa propia radio por internet. Unha iniciativa non só transparente senón pioneira e nunha firme aposta polas novas tecnoloxías. E dan o pistoletazo inicial publicando a través deste medio o Pleno Extraordinario no que se aprobou inicialmente o PXOM. Continua leyendo »

Primeiras contradiccións

Nestes días podiamos ler na prensa que todos os grupos políticos desexaban o consenso entorno ao PXOM, pero iso sí, o PXOM ía a Pleno somentes cos votos favorables do equipo de goberno. Hoxe o PSOE desmárcase da moderación do discurso e directamente descalifica o texto inicialmente aprobado, centrando a súa crítica nunha suposta “precipitación que supón adiantarse nunha carreira contra o reloxo”. Continua leyendo »