Archivos en el mes de Decembro del 2008

Felices Festas a todos os Conscientes Baioneses

bo nadal

Pleno de Baiona

transparenciaNon poderemos deixar de agradecer ao BNG o excelente traballo que realizan para poder achegar os contidos dos plenos municipais a todos os baioneses a través da súa radio dixital. Así, escribimos hoxe escoitando o pasado Pleno.

Habería moitas cousas das que falar, pero nos quedamos coa moción de urxencia presentada polo BNG sobre a retirada da aprobación inicial e a súa exposición para poder modificar o PXOM segundo o informe da Xunta para logo voltar a expoñelo unha vez modificado. Continua leyendo »

Sen lotería en Baiona

loteriaPasaron as euforias e as ilusións de deixar de traballar polo mero feito de ter un papeliño concreto e a fortuna non pasou por Baiona. A probabilidade de que en Baiona toque a Lotería é moito menor se temos en conta que non temos administración da mesma. Continua leyendo »

Plan Bolonia, o lío está montado

[gv data=”daClU-3BfY4″ width=”425″ height=”350″][/gv]

Un galego á fronte do sindicalismo

toxo ccooIgnacio Fernández Toxo resultou elexido Secretario Xeral de CCOO, contra todo pronóstico e nin tan siquera co apoio maioritario dos delegados da súa terra. Que haxa un galego nas altas esferas do sindicalismo sempre debería ser bo para Galicia, mais Franco tamén naceu en Ferrol e Rajoy en Pontevedra, salvando as distancias, claro.

Cómpre unha reflexión en todos os sindicatos sobre si a convivencia pacífica co sector empresarial e político foi positivo ou non e sobre si hoxe en día é o mellor momento para iniciar reclamacións sindicais. Polo menos haberá consenso en non dar nin un paso atrás nas metas acadadas ata o de agora.

Máis información sobre os resultados no IX Congreso Federal de CCOO en Europress e na web de CCOO.

A oposición exerce de Goberno…

…e o Goberno exerce de oposición. Ésa é a única explicación do que aconteceu onte no Pleno Municipal. Rafa Lores tivo que sair ao paso das críticas populares polo retraso na execución das obras que enlazarán Sabarís con Baredo a través da Autoestrada. Houbo moitos argumentos e actitudes demagogas que cómpre analizar detidamente. Continua leyendo »

Precampaña

Rápidamente saiu a resposta ás inquietudes do BNG entorno á EDAR. Da gusto cando o sistema democrático funciona con tanta axilidade, claro que habería que correxir o vicio de empregar a prensa como medio áxil de contestación e habituarse a empregar os canais legalmente establecidos, sexan parlamentos autonómicos, estatais ou municipais. Continua leyendo »