Archivos en el mes de Marzo del 2009

PSOE en calma, ou iso parece

calma chichaA asemblea do PSOE baionés que se celebrou este Sábado evidencia certas tendencias que se confirman no seo da familia socialista, e non todas teñen porqué ser malas, por certo.

A primeira é que se consolidou unha alternativa ao “aparato oficial”, ainda que non sabemos moi ben de qué oficial estamos a falar. Continua leyendo »

Capullos socialistas

capulloEste Sábado a agrupación local do PSOE ten convocada unha asemblea co galo da designación de delegados para o seu Congreso Extraordinario. Agardamos que non acabe co lamentable espectáculo que se produxo en Vigo, onde se impuxo o puño sobre a rosa e onde o peor da clase política perdeu os papeis ata o punto de agredir a compañeiros de partido. Continua leyendo »

O futbol non é cousa de homes

Ou polo menos non é así en Baiona. O século XXI será coñecido como a época na que a muller dominou o Mundo e os méritos do equipo de fútbol feminino do Erizana demostran que non hai nada como unha muller para acadar o éxito. Son moitos os clubes de fútbol veciños que están a desenvolver equipos femeninos logo do éxito no Erizana desta sección. Continua leyendo »

Os bancos de Elduayen

banco verdeTodos recordamos aqueles fermosos bancos verdes do paseo de Elduayen onde se sentaban os nosos maiores a falar e a aproveitar as mellores horas do día ao sol. Non por fermosos o tempo deixou de facer mella neles e se impuxo a súa renovación. Hoxe podemos observar un imponentes e modernos bancos, cun deseño minimalista que gritan con claridade: modernos si, cómodos xa se verá. Continua leyendo »

Reforzos á hostelería

hosteleriaXa oficialmente en Primavera e sabendo o que altera os ánimos esta estación, Baiona viviu unha ponte do Día do Pai cun tempo veraniego. Non é mala nova para o comercio da hostelería, sobre todo tendo en conta que esta fin de semana tamén é festivo en Vigo e se pode voltar a aproveitar a ocasión para mellorar resultados de cara ao Verán. Continua leyendo »

Producir en troques de consumir

bici prodce enerxia electrica

¿Poderiamos imaxinar que en troques de costarnos cartos unha viaxe de Baiona a Sabarís nos podruxera rendabilidade? Coa bicicleta que produce enerxía eléctrica esta posibilidade xa existe. Continua leyendo »

Política de sumidoiros

casa rural san antonGanas ten o BNG de atacar incesantemente á familia Simóns, sexa unhas veces xustificadamente, sexa outras por meras ganas de incitar a dúbida máis ou menos razonable. No caso particular de hoxe entrouse na polémica co saneamento da Casa Rural San Antón e a colocación polo Concello dunha estación de bombeo. O sanemento é unha cuestión ampliamente demandada polos veciños debido a que a maioría de vivendas no rural se construiron no seu tempo con fosa séptica por non existir unha rede municipal de saneamento adecuado á demanda de crecemento nestas zonas. Continua leyendo »