Archivos en el mes de Xuño del 2009

Punto e aparte, por unha vez

arauxoAinda que nestes días non temos sido o sufientemente conscientes como para falar asíduamente dos problemas que acontecen en Baiona, sobre todo porque xa son tantos que nin sabemos por onde comezar, hoxe imos adicar excepcionalmente unha mirada ao noso veciño Concello de Gondomar. Continua leyendo »

Nin unha a dereitas

xuzgadosEsta fin de semana a bomba voltou a saltar cando nos pudimos enterar de que o TSXG sentenciou que a adxudicación do concurso para o aparcadoiro soterrado do Aral non se axustou a dereito. Non bastaba con que no prego se aceptase reducir prazas en superficie, por outra banda gratuitas, para facer viable un proxecto que por definición non era necesario, agora resulta que o adxudicatario non o é lexítimamente. Continua leyendo »

O Ximbaleu bótase ao mar

naujaSemella que O Ximbaleu renaceu co II Serán á beira do mar e que de tanto pasalo ben nesa beira decidiron probar na outra. Velaí a nota de prensa que nos enviaron:

Embarca no Nauja, un antigo baleeiro construído en Dinamarca no ano 1930, e descubre os nomes do mar de Baiona e Panxón e os naufraxios, tristes ou non, que tiveron lugar na boca da ría de Baiona.

Sairemos de Baiona o próximo 27 de xuño ás 17.00 horas e voltaremos ás 20.00 horas.

Prezo: 18 euros (por adiantado)

Prazas: 35 (adxudicaranse por orde de reserva)

Organizan: O Ximbaleu Tramallo Cultural e a Asociación Cultural A Seneira

Guía: Xosé Lois Vilar Pedreira

Teléfonos de contacto: 616 903 082 (Xosé Lois) – 654 838 212 (Alicia)

Un adeus que agardamos sexa un deica logo

náufragoEsta fin de semana nos sorprendeu moi desagradablemente a nova de que O Barril do Náufrago deixará de existir como fonte de debate crítico e socialista. Voltamos a sentirnos un pouco sós, a pesares de ter nós recibido máis dunha crítica visceral pola súa parte, pensamos que inxustificada. Continua leyendo »

Facendo limpeza

502-37436-a-xurxo_souto_200Non podemos máis que solidarizarnos con Xurxo Souto, o seu programa “Aberto por Reformas” era todo un referente na Radio Galega, un espazo para dar a coñecer a grupos que non saen nas radio fórmulas que atrofian á nosa mocidade con músicas deseñadas nun despacho de expertos en mercadotecnia e que non saben o qué é unha pandeireta.
Continua leyendo »

2º Serán á Beira do Mar

cartazseranbaiona

Regresa o Ximbaleu co seu segundo Serán á beira do mar, desta vez coa colaboración do Concello de Baiona. Continua leyendo »

De novo susto en Baiona

lumeEfectivamente, o deterioro de vivendas no noso Casco Vello voltou a darnos un novo susto, desta vez en forma de lume. Resulta cando menos curioso como coa que está a caer metereolóxicamente falando, se produzan estes (vamos a decir) fortuitos accidentes. Continua leyendo »