Archivos en el mes de Xullo del 2009

¿Presentamos Baiona correctamente aos turistas?

tablón na praiaEscoitamos hai uns días ao señor Almuiña presumir de Baiona na radio. Enorgullecíase da nosa vila de o moito que ofrece ao sector turístico, da busca da tan recurrente desestacionalización do turismo e todo iso que quedaría moi ben si logo se efectivizase en medidas en concreto.

O Grupo Municipal Socialista, que non descansa nin no Verán e que por iso non nos deixa a nós facelo tampouco, vén de denunciar no seu blogue que o aspecto de Baiona non é todo o adecuado que debería. Continua leyendo »

Importando cultura

micheleNestes días de descanso, no que somentes apetece relaxarse, ir á praia e aproveitar os días ao máximo para voltar en Setembro con renovadas forzas; sempre e cando o permitan as inclemencias metereolóxicas, claro, as únicas novas que nos apetecen relatar son aquelas que nos permiten esbizar un sorriso de felicidade na nosa faciana. É o caso de hoxe unha desas ocasións, ainda que non poderemos deixar de soltar algunha inocente picadiña á caste política municipal. Continua leyendo »

Un baionés que non se pode erguer

[gv data=”kx29tSVIoU0″ width=”425″ height=”350″][/gv]

Marcos Rodríguez, o baionés de Baredo é o Colate de “Hoy no me puedo levantar”, o musical que podemos ver nestes días en Vigo. Ole e ole para Marcos. Os baioneses acadan cada vez cotas máis relevantes no eido cultural e lúdico.

Algo cheira a podre en Baiona…

corrupción… e non é a EDAR de Baredo porque sigue en obras e seguirá por moito tempo. Falamos do que apuntaron na anotación anterior os nosos Conscientes Baioneses. Todo o que rodea ao asesor xurídico do Concello de Baiona ten un certo cheiro a “políticamente reprobable”, practiquemos a mesura.

As relacións persoais e profesionais que converxen con frecuencia acaban derivando en situacións cando menos incómodas e, Continua leyendo »

Saúdos, GMS

PSOEGrazas ao SPAM de Diego puidemos enterarnos de que o Grupo Municipal Socialista iniciou a súa andaina na rede de redes cun blogue onde irán colgandos as súas iniciativas. Namentres non se obxerven considerables discrepancias cos outros medios dixitais do PSOE baionés será unha boa nova da que non podemos máis que congratularnos. Continua leyendo »

Festas do Carme

danzas das espadasE por fin chegou o día do Carme. A patrona dos mariñeiros celebra o seu día como unha das datas máis importantes do noso concello. Ao fin e ao cabo Baiona ten unha longa tradición vinculada ao mar, ainda que co tempo se foi abandoando progresivamente en favor do sector turístico. Éste é un tema do que xa falamos en repetidas veces e no que hoxe non imos afondar. Continua leyendo »

¡¡Viva Baiona cañí!!

manolo escobarE as previsións se cumpliron. Manolo Escobar encherá co seu inestimable carisma e o seu moderno discurso a noite da Anunciada baionesa. Como pode ser pouco bocado para os turistas e lugareños, o acompañarán a exitosa Tamara e o ex-cantante de karaokes David Civera. Continua leyendo »