Archivos en el mes de Xullo del 2009

Etílicas preocupacións

botellon baionaPor aclamación popular dos nosos Conscientes Baioneses e pola incidencia que está a ter esta cuestión na prensa, non podemos deixar de lado o debate iniciado neste blogue a finais da semana pasada. O Noitebús incardínase tamén dun xeito máis ou menos forzado, xa que non consideramos que sexa éste o punto clave do asunto. Continua leyendo »

Caravana de Pallasos en Rebeldia por Palestina 2009

pallasos en rebeldíaQueriamos inserir este correo que recibimos nun momento que fose adecuado, pero nunca atopabamos a ocasión. Hoxe non puidemos resistirnos máis:

Marhaba a tod@s!!! Estou con Pallas@s en Rebeldia por Palestina na Caravana 2009. Somos dous pallasos Ivan Prado e eu, un cámara, Edu, e unha traductora galaico-palestina, Laila. Esta é a viaxe máis intensa que fixen ata agora; pola situacion limite que vive o pobo palestino, polo desprecio e humillacion que practican os soldados xudeus (cos cales nos cruzamos nos checkpoints) e pola humanidade e dignidade das persoas que atopamos e nos acolleron e acollen no noso caminho. Continua leyendo »

A voltas co noitebús

botellonXurde, de novo, unha polémica antigua. Seica nos estancamos nas mesmas unha e outra vez, pero cada novo capítulo lle damos unhas pinceladas para que non semelle ser o mesmo debate. Desta vez toca a vella pelexa sobre o “Noitebus”. Hai aproximadamente un ano xa falabamos do disgusto que tiña o Sr. Almuiña coa Xunta. Continua leyendo »

Arqueoloxía vs fame

canEnterámonos onte de que temos un personaxe especialmente adicto aos restos arqueolóxicos, e non se trata precisamente do IEM e os seus recoñecidos traballos en favor da memoria histórica. Trátase de “Xouba” o can que acosou aos arqueólogos que andan a recuperar os restos dos nosos antergos preto do cemiterio municipal. Continua leyendo »

Unha nova desvergonza da política

cartel

Xustiza e política, e van…

imputadosNovamente é Baiona noticia porque técnicos municipais teñen que acudir aos xuzgados. Trátase dun novo capítulo entorno á non concesión de licencia en pleno centro de Baiona. Xa falamos do asunto cando os políticos pasaron a declarar e agora lles toca á Secretaria Municipal e ao Asesor Xurídico. Continua leyendo »

Renovación e reactivación

bngCon anterioridade tiñamos falado da falta de alternativa ante un PP baionés que a pesares de cometer erros contínuos, a maioría derivados do pacto de goberno co “independente” Manolo Vilar e a súa excesiva responsabilidade en base ao seu apoio nas urnas. E semella que o BNG baionés ten reflexionado sobre esta oportunidade política e renovou a súa Executiva Local. Continua leyendo »