Archivos en el mes de Agosto del 2009

Pinta con amor na Baiona cultural

Ribeira por Vázquez AlemánO Faro de Vigo nos volta a adicar un capítulo da xa famosa serie “Artistas na vila de Baiona”, subtitulado “É Verán e non temos moitas novas que contar”. Si fósemos maliciosos pensariamos que o que está a suceder é que se nos están mostrando os curriculums dos artistas que viven en Baiona e que van a optar ás xa famosas vivendas para artistas que xurdirán da aprobación do plan especial de protección do Casco Vello (PEPCHAB). Continua leyendo »

Concluindo o Verán

solciñoCando menos resulta curioso como ante a ausencia de anotacións os noso prezados Conscientes Baioneses siguen sin optar polo foro e se adican a escribir comentarios en anotacións que non teñen nada que ver co argumentado. Bendita insubmisión que mantén vivo este modesto blogue. Reflexións sin sentido aparte, hoxe debe tocar análise dun Verán que se acaba nesta fin de semana. Os hosteleiros xa están a contar os billetes e seica que a crise non lles deu moi forte e voltan a pasar con certo éxito un Verán que se pensaba ía ser un absoluto desastre. Continua leyendo »

Paradoxas que non se deberían dar

bágoaResulta curioso que na semana pasada se apuntase nun comentario o novo regulamento de tráfico para o noso concello e mesmo que tivesemos falado dos badéns nos pasos de peóns e comecemos ésta coa lamentable nove de que un veciño de Baiona perdeu a vida nun accidente de tráfico. Este feito nos leva a reflexionar sobre a importancia que ten que os poderes publicos vixien todas e cada unha das circunstancias que nos rodean para previr feitos desastrosos como o que sucedeu en Baredo. Continua leyendo »

Seguimos rindo por non chorar

[gv data=”prHLrauKFHQ” width=”425″ height=”350″][/gv]

A ironía como terapia

A Galiña Azul

O “fenómeno Galiña Azul” xa está a eclosionar na rede, as parodias son múltiples ante esta nova medida da nova Xunta de Galicia “desfacedora do xa feito”. Hai quen dí que o coche de Touriño hai que vendelo para pagar a renovación de mandilóns e carteis políticamente incorrectos que adoctrinaban aos nosos fillos. Nun país de cegos o torto é o rei, pero o lamentable é que no galego país dos cegos o rei é ademáis xordomudo.

Baiona-Nigrán por mar

marA idea semella xurdir da Xunta de Galicia e do éxito do transporte marítimo durante as celebracións do Primeiro de Marzo. O Señor Almuiña tamén é favorable a facer permanente esta opción de transporte público, supomos que sempre e cando non atraia a máis rapazada que celebre botellón. Quedámonos coa dúbida de si estaría tan encantado si na Xunta permanecese o bipartito, pero somentes é unha dúbida maliciosa para que os miradores de plumeiros non os coloreen con gaivotas descabezadas. Continua leyendo »

¿Qué lle pasa á prensa?

XornalismoTrátase máis ben dunha pregunta retórica que non agarda resposta. Ésta contéstase por sí soa cando analizamos con detimento de ónde saen os ingresos que fan posible a existencia de cadanseu grupo de comunicación e non cabe dúbida de que os fondos públicos viabilizan ou non un proxecto empresarial como os que nos acaen nesta análise. Continua leyendo »