Archivos en el mes de Setembro del 2009

San Cosme e a ONCE

nocesAlgún malpensado debeu concluir que lle tocara a ONCE a algún membro de Baiona Consciente, pero lamentablemente non foi así. A sorte decantouse por un baionés ou baionesa que xa non terá que preocuparse na vida de chegar a fin de mes, de cómo anda o euribor ou de si aceptarán ou non o ERE presentado pola súa empresa.

Non puido comezar mellor a semana logo de San Cosme e San Damián. Baiona enchéuse de noces e mel, ainda que xa pasaron os bos tempos nos que esta data estaba sinalada en vermello nos nosos calendarios. Continua leyendo »

Esixe dignidade

[gv data=”W-2JT6bMnKo” width=”425″ height=”350″][/gv]

Stieg Larsson

Stieg Larsson¿Qué pensan os Conscientes do fenómeno Millenium?, ¿trátase dunha formidable campaña de márketing ou realmente nos atopamos ante o fenómeno literario do momento? Este estoupido de popularidade entorno a unha saga mesmo eclipsou ao novo libro de Dan Brown, que viu como no mundo dos best-seller ún é rei cun trono moi inestable.

Como no caso do Código da Vinci, podemos ver nos parques, terrazas, medios de transporte e outros lugares públicos idóneos para exercer a sana costume da lectura a moita xente con algún dos exemplares publicados por Stieg Larsson. A primeira película ten sido todo un éxito e tamén ten cumprido a regra básica: o libro está mellor que a película.

En fin, ¿qué poden decir os Conscientes Baioneses que o teñen lido?

¡Non gañamos para sustos!

explosion calentador butanoSi a primeiros de mes o perigo era o gas natural, hoxe temos que falar da tradicional bombona de butano. Podemos ler na Voz de Galicia cómo estoupou un calentador de butano, ainda que afortunadamente a bombona non estaba preto e os danos foron menores. Semella como si o destino se empeñase en contradecir o expresado na anotación anterior. Ou iso ou é que realmente non hai un sistema de enerxía totalmente seguro, eficaz e respetuoso co medio ambiente. Logo, ¿cómo imos solucionar este dilema moral? Continua leyendo »

Depuradora, ¡non!

algas na praiaIso podereriamos gritar nestes días cando entramos en Baiona. Semella que acabaran de trasladar a depuradora de Coruxo para o noso concello e o fedor da mesma nos inundara ata a náusea. Pero non é así, por suposto, trátase de que as toneladas de algas depositadas nas praias, nomeadamente a da Ladeira, estanse removendo coas mareas vivas destes días.

Antigamente esas algas non se acumulaban porque os veciños das parroquias ían recollelas para sementar as súas leiras. Continua leyendo »

¿Carril bici? En Baiona sí

Carril biciO do carril bici en Nigrán e Vigo pola estrada da vía foi unha desas armas arroxadizas que se empregaron nas pasadas Autonómicas. Saíulles ben a xogada, o que pasa é que agora os mosqueados son os usuarios do medio deste medio de transporte e á vez deporte, moi de moda este ano cos triunfos de Contador, Valverde e o Xacobeo Galicia. Continua leyendo »

¿Onde quedaron estes soños?

[gv data=”NuykVoFCyts” width=”425″ height=”350″][/gv]