Archivos en el mes de Outubro del 2009

Slava’s Snow Show

Slava's Snow Show

Logo de ter un enorme éxito en Madrid, o cofundador do Cirque du Soleil, Slava Polunin, achéganos o seu espectáculo na neve no Centro Cultural Caixanova. Apenas quedan tres días para que rematen as súas actuacións en Vigo e nadie debería perder esta oportunidade de ver en acción a un dos mellores clowns do actual panorama internacional.

O seu selo queda patente na interacción co público e nas inquietantes maquillaxes dos clowns, que evocan máis a tristeza que a ledicia, ainda que paradóxicamente, fainos moito máis entrañables.

As entradas teñen un prezo moi variado, pero a partires dos 20 € podemos disfrutar do espectáculo cáseque a carón da nosa casa. Un erro perdelo.

2.0

Esperanza

Un día despertei moi cedo, algo tiña mudado. O meu amor seguía estando ao meu carón, durmía prácidamente sin percatarse de que eu me movía de xeito nervioso. Saín da habitación, os nenos durmían e nada semellaba alterarlles, pero eu sabía que algo mudara, ainda que o qué aínda non se rebelaba.

Saín da casa e xa as cousas comezaron a aclararse. Ainda que era cedo e as primeiras luces da mañá iluminaban tenuemente as rúas, puiden percibir que éstas estaban perfectamente coidadas. Continua leyendo »

Período de reflexión

reflexionNestes días moito temos reflexionado sobre os recentes acontecimentos que afectaron ao noso concello e sobre si o noso traballo era infructuoso ou non. A negativa do Concello a recoñecer no lugar onde se debe recoñecer aos asasinados da Volta do Nove foi a gota que colmou o vaso. O malo da indignación e a impotencia é que se pode tornar en ira e desencadenar en actos que poden facer desvirtuar o verdadeiro discurso e tirar todo o traballo pola borda. Continua leyendo »

¡¡Indignación!!

Bandeira da vergonzaAs malas excusas é o que teñen, que definen aos seus autores. Que o Goberno Municipal se reúna para rexeitar a colocación dunha placa conmemorativa no cemiterio de Baiona ten delito, pero que ainda por riba argumente que o lugar adecuado é para facelo é unha cuneta é de desvergonza. Continua leyendo »

73 cabodano

[gv data=”g6Q04VTHCmE” width=”425″ height=”350″][/gv]

Cabodano da Volta dos Nove

Cemiterio de BaionaCita ineludible, agardamos que todos os nosos representantes políticos estén alí. Falamos de que hoxe é o 73 aniversario do asasinato dos nove homes na Volta de Baredo. Por tal causa, e coa colaboración do Instituto de Estudos Miñoranos, farase unha ofrenda floral e o descubrimento dunha placa no Cemiterio Municipal de Baiona, onde precisamente creuse que estaban soterrados (malia que nas recentes escavacións non se topou nadiña). Este acto terá lugar a partires das 12:30 horas da mañá.

Nin un só Consciente Baionés pode faltar. Vémonos alí.

Aos nove da volta

Volta dos nove

Non podía faltar a homenaxe no 73 aniversario da Volta dos Nove que se celebrará mañá, vai logo un poema que nos conmove, e a quen non.

Relatorio dun crime insepulto
relatorio perpetuo

Ai das mulleres sen home e dos seus fillos orfos! Continua leyendo »