Archivos en el mes de Novembro del 2009

Cotillón social

cotillon

Moi ben debemos vivir en Baiona si a maior preocupación do departamento de benestar social é si podemos ou non disfrutar dunha festa de fin de ano en condicións, con cotillón e todo. Seica non hai baioneses que pasen apuros para alimentar á súa familia, disque os que están en paro poden pór langostinos na cea de fin de ano pero nada máis. Continua leyendo »

Violencia de xénero

[gv data=”JBsp0Wwn1Ic” width=”425″ height=”350″][/gv]

Día Mundial contra a violencia de xénero

Violencia de xénero

O pasado día 25 celebrouse o Día Mundial contra a violencia de xénero e moito se ten falado deste tema esta semana. A coletilla deste ano foi o dato que rebela que os menores de 30 anos son máis violentos que os de maior edade. Pronto comezaron as reflexións sobre este dato e a busca de culpables. Como a prensa e moitos dos supostos expertos deben cobrar moi pouco e non deben ter tempo para profundizar, caéuse irremediablemente na demagoxia e nos tópicos mási habituais. Que si a televisión, o cine e os videoxogos. Continua leyendo »

¿Sueñan los androides con ovejas eléctricas?

¿Sueñan los androides con ovejas eléctricas?

Máis coñecida por todos polo libro que inspirou o filme Blade Runner dirixido por Ridley Scott, achegou ao gran público o fenómeno da literatura cyberpunk e a excelente pluma de Philip K. Dick. Pero si temos que quedarnos con algunha das súas novelas, sen dúbida nos quedamos con “Una mirada en la oscuridad”, tamén adaptada ao cine no 2006 co título de “A Scanner Darkly”, tamén moi recomendable. Continua leyendo »

O Parador é noso

concello e parador

Ou polo menos iso podemos concluir logo de ter lido a nova publicada no Faro de Vigo. O Concello vén de asinar un convenio de colaboración co Parador no que se van ceder as súas instalacións para organizar actos a cambio de que o Concello asuma os gastos de publicidade e promoción. Non é un mal acordo para Baiona, porque as instalacións do Parador poden dar pé a múltiples actos que gañarán en encanto e porque o Parador deixa de ser un coto pechado aos baioneses. Continua leyendo »

Sabarís treme outra vez

Derrube en Sabarís

Pasado xa o susto do Alakrana e sin deixar de pensar que para non ser un pobo mariñeiro mirade que é casualidade que para dous barcos que secuestran haxa en ambos mariñeiros baioneses, ben podemos voltar á actualidade municipal con menos tintes dramáticos. E non podiamos comezar mellor que cos derrubes no río Groba. Continua leyendo »

¡¡Por fin. Comeza a festa!!

Alakrana

Xa podemos convocar a festa da lura, xa podemos a falar de temas moito máis mundanos pero, sobre todo, xa podemos preparar a festa para recibir aos nosos mariñeiros cos honores que se merecen. Axiña vai ir tocando reflexionar sobre o acontecido nestes angustiosos corenta e sete días. Sobre o adecuado ou non de certas actuacións, sobre qué facer para evitar que isto volte a suceder e sobre si hai certas actitudes que non se deben consentir baixo nengún concepto.

Continua leyendo »