Archivos en el mes de Decembro del 2009

O terrible 2009 vai rematar. Benvido o enigmático 2010

2010

Semella que todos sobrevivimos ao pero ano da última década. Benvido exa o 2010 si con iso trae a extinción da crise e a recuperación nos índices de emprego, precariedade laboral e número de persoas por debaixo do umbral da pobreza. Moito nos tememos que a crise pasará para uns poucos e para aqueles nos que a vida é unha crise en sí mesma seguirán coa auga ao pescozo sin que a nadie lle importe xa.

Desenganémonos, en canto os banco se teñan recuperado todo voltará á normalidade. Inventaranse novas formas de levarse nun segundo os cartos que gañamos durante moitos anos. Iso permitirá retirarse a un bo número de altos cargos directivos, eses que o seu maior esforzo na vida foi facer horas extras para facer un arqueo de caixa.

En fin, desexamos un feliz 2010 a todos e cada ún dos baioneses, moi especialmente aos habituais Conscientes Baioneses.

Felices Festas, Conscientes Baiones

Felices Festas

O 2009 vai tocando ao seu fin e Baiona Consciente va tomarse uns días de vacacións. Comezaremos o 2010 con renovadas forzas, con ganas de afrontar o período preelectoral que antecederá ao 2011, ano clave para unha lexislatura que nos atrevemos a calificar xa como de transición cara a unha renovada Baiona. A Baiona do século XXI decidirase en Marzo do 2011. Pero xa tocará analizar todo iso máis polo miudo durante o 2010. Continua leyendo »

Bolonia lisa e llanamente

[gv data=”sUYBKSm9Si4″ width=”425″ height=”350″][/gv]

A nova Arribada

Piolín

Esta ponte foi ben movida en Baiona. A pouco exitosa Festa da Zapata pasou con máis pena que gloria, sobre todo polo eclipse mediático que conlevou a arribada do pepino científico tildado coloquialmente como Piolín. Se ben é certo este nome é bastante máis axeitado que o oficila “Caballero Escarlata”, con máis connotación fálicas que outra cousa. Continua leyendo »

O Matachín

Celda 211

Celda 211

Luis Tosar volta a bordala e si non lle dan o Goya será porque aos mandamases diso que se da en chamar industria do cine español non lles deu a gana de darllo. O cine español xa superou o adxectivo que lle lastrou toda a súa vida. Hoxe as españoladas non son a norma e grandes directores están xurdindo, froito dun esforzo que precisamente non é debido ao apoio institucional. Iso sí, hai que recoñecer que a obriga de que as cadeas privadas de televisión deban financiar proxectos cinematográficos sí que serviu de moito. Continua leyendo »

BC apoia o manifesto “En defensa dos dereitos fundamentais en internet”

Image

O novo anteproxecto de “Lei de economía sostible” que pretende aprobar o Goberno de España acaba de facer saltar as alarmas de milleiros de internautas de todo o Estado. Desde este blogue queremos manifestar a nosa repulsa por esta proposta que permitiría pechar as webs que un grupo de censores consideren que violan os dereitos de autor. Continua leyendo »