Archivos en el mes de Xaneiro del 2010

Mudan as cousas cando mudan os gobernos

AG-57

Resulta agora que as agrupacións socialistas do Val Miñor se percataron de que os novos enlaces da Autoestrada do Val Miñor son de peaxe, excepto o tramo Sabarís-Baiona e viceversa. Curioso é que cando gobernaba o bipartito e a responsable da área era a compañeira de partido Caride non tiveran a mesma impresión ou polo menos estiveran calados ao respecto. Continua leyendo »

Novo exemplo de benestar social á baionesa

ONCE

Grazas ao chivatazo de maria e ao blogue Inteligencia Artificial, puidemos enterarnos da nova publicada pola Voz en relación á resolución que tomou o Goberno Municipal cos postos ambulantes da ONCE. A verdade é que novamente os nosos gobernantes voltan a tirar do esperpento e a obrar xusto ao contrario do que se agarda deles. Non pode ser que a resposta aos vendedores da ONCE sexa que aluguen un local para vender cupóns. Continua leyendo »

Racionalidade

Racionalidade

Xa tiñamos falado no pasado sobre o sistema electoral e reparto de representación que temos vixente. É un tema recurrente neste blogue de cando en vez, sobre todo cando se aprecian inxustizas no mesmo. E hoxe o imos traer á palestra grazas ás reflexións da anotación anterior. O sistema electoral aplicable aos concellos e o seu reparto en 315 municipios galegos non é o mellor que se poda aplicar, sen dúbida, mais é o que temos e si non se aborda un debate en profundidade do mesmo dificilmente poderemos remediar os vicios que presenta. Continua leyendo »

Exemplos de preocupación social

Froiz

É famoso o dito de que o nacionalismo cúrase viaxando, por moito que a historia galega certifique o contrario. No caso que traemos hoxe a colación o que nos procurou o viaxar foi poder propór un debate moi interesante entorno ao que se entende por accións sociais. A viaxe non foi cara un destino moi lonxano, senón ao veciño concello de Tomiño. Continua leyendo »

Acabouse a festa

A traballar

Xa pasaron os Reis Magos e onte daba gusto pasearse por Baiona, contemplando á rapazada nerviosa indo e vindo a casa dos familiares para recibir máis e mais agasallos. Lamentablemente poideron ser máis os que optasen por facer alarde das súas novas adquisicións nos parques e paseos do noso concello, pero é que o tempo tampouco axudaba moito. Continua leyendo »