Archivos en el mes de Febreiro del 2010

Renace a protección da Groba

eólicos ata na sopa

Xa tiñamos esquecido todo o rebumbio que se produxera a partires do 2007 pola instalación dun parque de aeroxeneradores na Serra da Groba. Unha polémica que se sumou a aquela campaña coa que tan fortemente azotaron ao bipartito no seu fin de mandato. estamos no 2.010 e ainda non vimos un só aeroxenerador no perfil dos montes, mais seguimos consumindo electricidade sin saber de ónde vén. Continua leyendo »

Portos de Galicia desembarca en Baiona

portos segundo o PP

E faino por todo o grande. Anuncian actuacións millonarias e, como non podía ser doutro xeito, para desfacer o feito polo bipartito. A polémica concesión entre a Doca e o Clube de Iates vaise cancelar, descoñecemos o custe que isto suporá en indemnizacións á concesionaria, e vanse facer actuacións na Doca, peirao e porto deportivo de Ronáutica. Continua leyendo »

Mudan as cousas cando mudan os gobernos (e 2)

Almuiña

Viaxando nestes días puidemos probar por primeira vez a nova circunvalación de Baiona desde Sabarís a Baredo e viceversa a través da autoestrada. A verdade é que a sinalización da saída cara a Sabarís, sobre todo de noite, é bastante confusa e cando nos queremos percatar xa a temos enriba.

Salvado este primeiro inconvinte, froito sen dúbida da falta de costume e que se subsana a partires do segundo uso, non puidemos deixar de recordar aquelas reivindicacións do noso Alcalde, cando insinuou que as obras en Baiona ían máis paseniñamente porque o tramo era gratuita, Continua leyendo »

Concello vs ONCE, capítulo 2

ONCE

Hoxe podemos ler na Voz de Galicia que o Concello definitivamente non vai deixar que os vendedores da ONCE podan empregar algún tipo de abrigo para poder seguir coa venta dos seus cupóns. Como sempre, a Administración pón atrancos cando alguén ten un problema, en troques de aportar solucións.

Moi lixeiros andan á hora de aprobar regulamentos, leis ou ordenanzas cando lles convén, eis temos o caso das caixas galegas, por exemplo. Continua leyendo »