Archivos en el mes de Marzo del 2010

Cedo comezan os tiros

PSOE

Non nos equivocábamos, non. As Municipais van a encher o panorama mediático a un ano vista. Non queremos saber cómo estará a cousa alá polo Cabodano. As espadas están en todo o alto na “familia” socialista. Houbo tanta prisa por adiantarse ao rival que colleu co pé cambiado á dirección provincial, que tivo que tirar das orellas á cúpula municipal. O que máis doe desta situación é comprobar como se distancia o sector oficial do sector institucional. Desde a quebra Felipe-Alfonso seica é unha tradición no socialismo peninsular. Continua leyendo »

Paréntesis pola resaca

empresario explotador

Hoxe non nos apetece achegarnos moito ao que sucede en Baiona. A resaca do Primeiro de Marzo enturbia os nosos pensamentos, por moito que esta fin de semana resultase húmida de máis para tan magno evento lúdico-festivo. Ainda así a cousa non estivo nada mal.

O que queremos comentar é esa esperpéntica proposta da patronal pola que ofrecería un tipo de contrato que permitiría reducir o paro en grandes proporcións: o contrato de formación a custe cero. Continua leyendo »

Arribada 2010

Arribada

Cómo pasa o tempo, temos ante nós unha nova edición da festa da Arribada, o licor café e os chourizos voltarán ás nosas rúas e voltaremos a ter un levantamento temporal do discurso anti botellón. Ao fin e ao cabo este botellón é moito máis fino porque trae turistas e vamos todos emperifollados como si na Idade Media Baiona fose un alarde de prosperidade e poboación burguesa acomodada. Continua leyendo »