Archivos en el mes de Maio del 2010

Reduzamos realmente o gasto do Estado

hosteleria

Moito se ten falado nestes días das medidas impopulares que tivo que tomar o Goberno de España para tentar atallar a crise económica e financieira que estamos a padecer.

Tamén tivemos que escoitar cantinelas, normalmente propiciados por medios de comunicación marxinais vinculados coa extrema dereita, como que porqué non se reducen gastos supérfluos como as axudas aos sindicatos, os coches oficiais (xa voltamos co mesmo) ou o número de ministros.

A verdade é que a eses argumentos non lles falta razón, o que sucede é que non profundizar demasiado no problema. Efectivamente, existen moitos gastos supérfluos nos orzamentos do Estado e, humildemente, sinalamos unha serie deles que nadie semella apreciar. Continua leyendo »

As praias a tope, que siga a tendencia

hosteleria

Por fin o tempo axuda a un concello que, lamentablemente, ten excesiva dependencia de temperaturas máis propias do Levante mediterráneo que das duras costas galegas.

É o que ten que elixamos políticos que pensan que os modelos alleos son a solución aos problemas autóctonos. Craso erro, as mellores propostas deben ser novedosas e innovadoras, o que funciona é ser creativo. Non vale prantar palmeiras porque o vimos en Marbella, non vale basearse na hostelería e nas praias porque en FITUR os concellos costeiros venden isto exclusivamente. Así, Baiona non fai máis que ofrecer un producto xa saturado. Continua leyendo »

Parabéns, veciños e veciñas de Blogaliza!

blogaliza

A Deputación da Coruña anunciou que Blogaliza foi premiada co Rosalía de Castro 2010.

O galardón ten como obxectivos recoñecer aquelas persoas, empresas, asociacións ou entidades que, coa súa actuación, axudan a impulsar a presenza da lingua galega na provincia da Coruña, en particular, e na sociedade galega, en xeral e a manter viva a memoria de Rosalía de Castro.

A candidatura foi proposta polo propio xurado, e o premio, que non ten dotación económica, correspóndenos a todas as persoas que publicamos, comentamos e lemos os blogues de Blogaliza, un espazo onde facemos cultura en galego con normalidade.

Si ben o noso blogue non é coruñés, congratulámonos de que un medio galego e gratuito como Blogaliza, que posibilita que podamos seguir comentando o día a día do noso concello reciba este recoñecemento público. Felicidades aos promotores de Blogaliza, o traballo acaba tendo a súa recompensa.

Chega o Verán cun hándicap, a suba do IVE

IVE

Por activa e por pasiva o sector hosteleiro o ten sinalado, a suba do IVE en Xullo vai supór un atranco considerable para poder manter a súa actividade, xeral emprego ainda que sexa eventual e poder pervivir en temporada baixa. O Presidente Zapatero ten comentado que a suba do IVE non vai supór un incremento dos prezos, xa que logo, supón que esa porcentaxe de incremento irá contra a conta de resultados empresarial. Ou sexa, que os hosteleiros non van subir os prezos pero van pagar máis impostos. A verdade é que aquelas empresas que fagan as súas declaracións trimestrais de IVE soportarán máis imposto pero tamén devengarán máis. O problema é que na hostelería moitos productos se mercan ao IVE reducido e incluso superreducido (como o leite), pero se venden manufacturados ao IVE máis alto. Continua leyendo »

Dous líderes planetarios: Almuiña e Obama

Carta dos EEUU a Baiona

Contrariamente a como se dí nalgures, en ningún momento Barack Obama dirixiu unha carta ao noso Alcalde, sinón un secretario encargado de organizar a axenda do Presidente dos Estados Unidos de América. Este intercambio planetario de cordiais saúdos semella ao esperpento de Leire Pajín e os seus desvaríos de academia política.

Tamén hai que decir que a Barack Obama non lle informaron do ben que se come no Parador de Baiona, sinón o tiñamos aquí dun día para outro.