Archivos en el mes de Xuño del 2010

Memoria de pez

barbeira

E somos xenerosos, porque o termo adecuado é neglixencia. Agora resulta que para tapar a praia da Barbeira hai que retirar area dun colexio. Ou o mundo está ao revés ou é que os nosos políticos pensan que só temos memoria a curto prazo. Afortunamente, as tecnoloxías avanzaron enormemente e existen as hemerotecas dixitais. Continua leyendo »

Sin ira liberdade, porque si non a hai…

rotonda

Sorprendente cando menos son as afirmacións verquidas esta fin de semana por algúns veciños de Sabarís. Ben sabemos que se pode interpretar de moitos xeitos, a maioría deles tendenciosos ou subxectivos. Moitos son os factores que poden derivar nunha enorme bola por un insignificante comentario.

O primeiro suposto, o máis sinxelo de relatar, é que efectivamente os dirixentes do Partido Popular deran directrices expresas de “avisar” aos veciños de Sabarís que de ir a unha manifestación podería haber consecuencias económicas. Non sería a primeira nin será a última que isto sucede. Continua leyendo »

Cómo pasa o tempo

BC

Non déramos conta ata hoxe, pero o pasado Domingo cumprimos tres anos na rede. O tempo pasa para todos e Baiona Consciente non ía ser menos.

Agardamos que polo menos aguantemos outros tres anos. O que é seguro é que non nos imos perder a tramos que comprende os dous vindeiros anos. Moitas cousas poden mudar, no Concello e mesmo no Goberno de España, pero o que non queremos deixar de compartir cos Conscientes Baioneses é a saida da tan longo crise. O único que desexaremos nese momento é que aqueles que sigan demandando cambios porque sinón imos recaer noutra crise semellante, polo menos teñan eco e alguén lles escoite. Moitos sustos nos teríamos aforrado si no comezo do século vinte e ún as voces discordantes tiveran sido escoitadas.

Deamos voz aos que non a teñen

Lixo

Seguindo o enlace dun Consciente Baionés chegamos a unha carta ao director no Faro de Vigo que consideramos oportuno reproducir aquí. Os que non teñen voz porque os seus representantes non os escoitan teñen dereito a buscar vías alternativas de expresión. Eis a nosa modesta contribución: Continua leyendo »

Máis vivendas sociais en Baiona

VPO

Esta fin de semana a prensa adicouse a publicitar a entrega de novas vivendas sociais no noso Concello. O Sr. Alcalde sorrí á cámara namentres os novos propietarios comezan a disfrutar do outrora luxo de poder habitar unha vivenda ao seu nome, emancipándose nalgúns casos e deixando de pagar unha renda de aluguer noutros. Continua leyendo »