Archivos en el mes de Novembro del 2010

UPyD, a hipocresia feita partido político

Hoxe o partido da vedette vasca que vive en Madrid deu o pistoletazo á precampaña ás municipais baionesas. O ex-concelleiro popular Antonio Amorín é a figura que pretende introducir un aire nove á política municipal no noso concello.

Pero antes de expoñer o seu programa debería aclararnos si avala as declaracións da súa representante no Parlamento respecto ao seu concepto de galego. Tamén nos debería aclarar cómo tendo unha orixe tan revolucionaria e independentista se pode acabar nun partido que nega a existencia dunha nación a expresarse como tal si non baixo o poder do Estado dominante.

Os amores do Sr. Amorín na política nunca tiveron un perfil determinado, é como aquel amigo que tenga o roce na discoteca con calqueira rapariga. O importante é acadar o éxito, non importa a estética nin os acompañantes.

O peor deste novo panorama é que se trasladarán comportamentos, manifestacións e proclamas que en nada nos afecta na vida municipal e que só permitirán perpetuar a unha enamorada da moqueta nun sillón esquecido e sin finalidade práctica máis aló da merca de certo espazo na sociedade madrileña. Lamentablemente, hai un certo número de persoas, afortunadamente moi marxinal, que pensa que detrás de UPyD existe a esperanza dun novo xeito de facer política e de acadar uns obxectivos que semellan imposibles nos partidos tradicionais. É algo similar aos Cidadáns de Catalunya e si en algo coinciden as súas traxectorias é que sairon dun partido maioritario por perder unha loita interna de poder e que ao pouco de fundar o seu propio partido xa revivían as mesmas escisións pero desta vez agarrando o sillón por riba doutros.

En fin, é increible como cada vez existen unha maior porcentaxe de papeletas ás que ún non se prantexa nin a posibilidade de votarlles. Nestes intres, hai moitos baioneses que teñen esa porcentaxe no cen por cen. E nadie semella que lle queira pór fin. O noso voto será para os Conscientes Baioneses, isto é, un voto en branco e agardando porque triunfe a iniciativa de que éstes se contemplen como válidos á hora de designar os representantes municipais. A máis votos en branco, menos concelleiros nons plenos baioneses e menos cartos tirados para os que non fan nada por solucionar os nosos problemas.

Comentarios: http://baionaconsciente.foroactivo.com/partidos-politicos-f2/upyd-a-hipocresia-feita-partido-politico-t12.htm#20